Saltar contido
Tlalpotec

Tlalpotec

Fábulas, Mitos e Cosmogonías

Celester Barreiro, Gabriel

"Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-l...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-19438-60-7
Páxinas:
188
Encadernación:
Rústica
17,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

"Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-la demencia de vivir.

Diso vai boa parte deste libro, de crear mundos e ata as divindades que mangoneen eses mundos. Fraccionado en tres partes, cabe dicir que a división en lendas, parábolas ou calquera outro apartado literario, é sempre artificiosa. Os lindes da fábula cos mitos, coma os de tantas leiras da nosa terra, son tan imprecisos que a nada que un mova o marco dunha teogonía cae no romance ou na epopea con suma facilidade.

Na primeira parte (Fábulas) procurei conserva-lo aire clásico do xénero rebaixando coellos, asnos e raposos a condición humana con fines pedagóxicos. Na segunda (Mitos), sen perder de todo ese propósito didáctico, compracinme en deforma-los modelos estereotipados por pura diversión. A terceira (Cosmogonías) foi un desafogo, unha vinganza contra os sanguinarios deuses aztecas, os lumes da Santa Inquisición e, sobre todo, para instar aos deuses a deixarnos un pouquichiño en paz, que xa abonda de tantas pragas, políticos e demais calamidades". G. C. B.

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €