Saltar al contenido principal
Terra e Nostalxia

Terra e Nostalxia

Galicia Rural

Luo, Gwendolyn

Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, resisti...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2006
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-96526-51-8
Páxinas:
128
Encadernación:
Otros
Colección:
Galicia. Terra, Mar E Xentes
11,06 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, resistiu e nos fixo posibles. Fito e referente de futuro.

Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como se abriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestático e intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo, para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista. Certo é que á natureza non podemos mellorala, pero si respectala. Cousa que os de antes tentaban, devotamente nela poñían aos deuses e ás deusas.

Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida. (...)

Como recomendación para a viaxe de internarnos no escenario do Nós, cómpre repetir as teimas do sabio don Ramón Otero Pedrayo: andar polo mundo coa mochila do saber sentir, de "enxergar" con todos os sentidos postos o "devalar", ese permanente devir heraclitiano: todo cambia, nós tamén e sempre entre esas rodas que enredan en bucles de espirais pasado e presente. Soamente poñendo todos os sentidos no seu sitio, tamén os da intuición poderemos introducirnos nunha especie de viaxe iniciática, de "Xogo da Oca", entre paisaxes e paisanaxes, para esvaecer brétemas e sombras, para recoñecer vellos camiños e sentirnos parte animista, panteísta dese devalar: vieiro, congostra que serpea polos ermos, entre as espesas fragas, atravesando por pontes antigos ríos que sempre van ao océano da Atlántida... vellos camiños, feitos polos pés dos camiñantes, vixiados por mosteiros, ermidas ou castelos. (...)

Nese andar pola vida temos comprobado, como é xente de fóra a que mellor recoñece e nos fai ver, enxergar, partes do Nós. Eles, como se de magos se tratara, introdúcennos naquilo que non nos prestamos a entender, a pesares de ser parte nosa. Namentres nos perdemos noutras alleantes e alineantes mimeses. Este é o caso de Gwendolyn Luo, ela que vén das casas do sol nacente, acende aquí, nos pétreos altares do solpor, en nós, conciencias alampeantes. (...)

(...)

Nós somos e seremos parte diso, e aquí, neste principio e fin, antes, agora e futuro, atopámonos. Un xeito de sacerdotisa do extremo oriente, coa súa cámara, fíxonos entender mellor o noso extremo occidente.

(extraído do Prólogo realizado por Felipe-Senén López Gómez)

Artículos relacionados

Tempos Novos Nº350. Xullo 2026

Tempos Novos Nº350. Xullo 2026

Vv.aa.

CARTA DE AXUSTE / A AXENDA PAPAL - Luís Álvarez PousaA VELAS VIR / A INTELIXENCIA MÁQUINA 7- Xurxo BorrazásEN DESTAQUE / DOSSIER O OCASO DA LEXISLATURAO TEMPO DE DESCONTO - Francisco Cortez-Lobão SineiroENTREVISTA / JOAQUÍN URÍAS, PROFESOR DE DEREITO CONSTITUCIONAL: "CANDO A XUSTIZA PERDE A APARIENCIA DE IMPARCIALIDADE É LÓXICO QUE SE COMECE A DUBIDAR DE TODO TIPO DE ACTUACIÓNS...

8,00 €

Tempos Novos Nº349 Xuño 2026

Tempos Novos Nº349 Xuño 2026

Aa.vv

APERTURA / ARTE E FUNCIONARIADO - Miguel Vázquez FreireA VELAS VIR / A INTELIXENCIA MÁQUINA 6 - Xurxo BorrazásEN DESTAQUE / DOSSIER MENTES SEN ROSTROOS ARQUITECTOS DO FUTURO: QUEN DECIDE COMO PENSA A IA? - Natalia Nogueira LópezENTREVISTA / SENÉN BARRO, DIRECTOR CIENTÍFICO DO CiTIUS: "SE EN VEZ DE NO PROCESO POÑO O FOCO NO RESULTADO, SI, A MÁQUINA PENSA" - Francisco Cortez-Lobã...

8,00 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Camôes en Galicia

Camôes en Galicia

Dasilva, Xosé Manuel

Este libro constitúe unha homenaxe a Camões, probablemente o autor internacional de maior presenza nas nosas letras ao longo do tempo, con motivo das celebracións do V centenario do seu nacemento. Xosé Manuel Dasilva, camonista e camonólogo de recoñecida traxectoria, ofrece en Camões en Galicia varios estudos que afondan nas pegadas galegas do grande escritor portugués, como re...

23,90 €

Memória Histórica e Identidade Nacional

Memória Histórica e Identidade Nacional

Velasco Souto, Carlos Francisco

Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história contemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada à construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...

17,95 €

O Salmon Do Ulla

O Salmon Do Ulla

Piñeiro, Miguel / Torres, Alberto

Cada ano, o nobre salmón remonta os ríos galegos para completar o seu ciclo vital, entre eles o Ulla, cos seus afamados coutos salmoneiros. Os xornalistas e escritores, Miguel Piñeiro e Alberto Torres, ofrécennos un percorrido histórico desde mediados do século pasado, cando Galicia aínda vivía o esplendor da cultura do salmón, ata hoxe, onde se analizan cuestións de senlleira ...

24,50 €

Outros libros do autor

Milagre Da Terra

Milagre Da Terra

Luo, Gwendolyn

A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía. Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, ond...

11,06 €

Entre o Ceo e o Mar

Entre o Ceo e o Mar

Luo, Gwendolyn

Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosista visión de Gwendolyn Luo busca a beleza detallista na vida cotiá do mar, dos mariñeiros e das xentes da beiramar, que viven todos os días a dureza e os agasallos desta terra-mar. Un exercicio de revelado e de rebelión contra todo o que de indiferente respecto a...

11,05 €

Ananiños Do Bosque

Ananiños Do Bosque

Luo, Gwendolyn

O mundo dos cogomelos é un capricho natural. Admirando as fotos da taiwanesa Gwendolyn Luo semella doado sacarlle tanto rendemento visual ás marabillas micolóxicas que os galegos tan pouco tendemos a xantar. Pequenos miragres que nos van contando a súa propia vida, a súa dura existencia para sobrevivir, con verbas e con imaxes, e que a autora asiática sabe buscar, enfocar e ret...

11,06 €