Saltar al contenido principal
Sabela

Sabela

Regueira Cereijo, Maria Rosario

"Nun lóstrego de tempo "o conto" que sua avoa Estrella lle contaba na infancia cobrou sentido completo: "Ti chamaste Sabela en lembranza daquela outra Sabela Varela Castro; os apelidos coinciden; nacestes no mesmo sitio, o mesmo dia, do mesmo mes, e con cen anos xustos de diferencia".Historia dunha saga de cinco xeneracións de mulleres dunha mesma familia que transcurre dende o...

Editorial:
Chiado Editorial
Ano de edición:
2015
ISBN:
978-989-51-3424-3
Páxinas:
204
Encadernación:
Otros
Colección:
VIAXES NA FICCIÓN
13,74 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

"Nun lóstrego de tempo "o conto" que sua avoa Estrella lle contaba na infancia cobrou sentido completo: "Ti chamaste Sabela en lembranza daquela outra Sabela Varela Castro; os apelidos coinciden; nacestes no mesmo sitio, o mesmo dia, do mesmo mes, e con cen anos xustos de diferencia".
Historia dunha saga de cinco xeneracións de mulleres dunha mesma familia que transcurre dende o 11 de febreiro de 1879, data de nacemento de Sabela Varela Castro até o 11 de febreiro de 1979, data de nacemento de Sabela Varela Castro.
Partindo da primeira Sabela a novela recolle a peripecia vital dela mesma e de Ramona, Estrella e Rosa para chegar á última Sabela. Aproveitando o relato das súas vidas, reflictese parte da historia deste país: Nai solteira no interior da Galiza rural a fins do século XIX; a emigración a América; o retorno; a guerra civil e posguerra e o traslado da muller rural á un medio urbano en plena época desenrolista.
Xeograficamente, a novela situase en distintas localizacións: o sur da provincia de Lugo, Buenos Aires e Vigo son as ubicacións principais nas que se asenta o relato que parte de feitos reais, si ben entresacados de distintas situacións e conxuntados nesta novela.
"Dignidade, raiba e consciencia (de xénero, nacional e de clase) envolven esta emotiva, esclarecedora e reivindicativa novela".

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €