Saltar al contenido principal
Revsita Mazarelos 15 Decembro 2024

Revsita Mazarelos 15 Decembro 2024

Revsta de Historia e Cultura

Aavv

Capa: redeira, por Theresa LousameBruarán novos ventos - Equipo editorialEntrevista a Hermann Parzinger - Mar Pereira GómezO outro Santiago. A conservación e o culto das reliquias de Santiago o Menor e outras representacións do apóstolo na catedral - Paloma Fachal GarcíaA educación feminina en Galicia (s. XVIII-XIX) - Ana M. Sixto BarciaSociabilidade relixiosa no mundo rural de...

Editorial:
Mazarelos. Revista de Historia e Cultura
Materia:
Galicia
ISBN:
978-92-0-402242-1
Colección:
Mazarelos
9,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Capa: redeira, por Theresa Lousame

Bruarán novos ventos - Equipo editorial

Entrevista a Hermann Parzinger - Mar Pereira Gómez

O outro Santiago. A conservación e o culto das reliquias de Santiago o Menor e outras representacións do apóstolo na catedral - Paloma Fachal García

A educación feminina en Galicia (s. XVIII-XIX) - Ana M. Sixto Barcia

Sociabilidade relixiosa no mundo rural de posguerra - Nerea Garrido Casado

Amnesia, negación ou rebumbio? España perante os pasados coloniais - Manuel Castelao Ouzande

"Á lus do televisor". Ocio e comunidade no rural tardofranquista a través dos Teleclubs" - Alexandre Varela Rubín

"O fondo da pota queimouse, e hai algo que temos que raspar". Entrevista a Bruno Arias e Lidia Veiga - Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez

"Cincuenta anos máis para a Casa de Rosalía" - Rocío Castro

Recomendacións editoriais - Adrián Feijoo Sánchez e Arturo Real López

Finaliza o 2024 e con el chega ás casas e librarías o número 15 da revista Mazarelos. Mazarelos pecha así o quinto ano ininterrompido de edición e publicación da revista, desde xaneiro de 2020, con tres exemplares anuais. A portada é autoría de Theresa P. Lousame (@pampillo.store), titulada Redeira e pertencente á colección Cotiá.

A revista vén acompañada, como é habitual, de temáticas variadas relacionadas coa historia e a cultura. Abre o número unha entrevista a Hermann Parzinger, presidente da Fundación do Patrimonio Cultural Prusiano, realizada por Mar Pereira Gómez. Coas súas respostas podemos coñecer como é traballar en climas extremos ou como descolonizar adecuadamente os museos. Esta temática tamén a aborda o artigo de Manuel Castelao Ouzande, que analiza o esquecemento, a negación ou a exaltación do pasado colonial español en África, Asia e América.

Outros dous artigos céntranse na sociabilidade durante o franquismo, mais en etapas diferentes. Nerea Garrido Casado analízaa dende unha ollada relixiosa durante a posguerra, tomando o caso de Maceda como protagonista e centrándose en aspectos como as festas do verán nesa bisbarra ou o grao de aceptación popular deste novo paradigma social. Máis adiante, Alexandre Varela Rubín lévanos ata o tardofranquismo para coñecer mellor unha realidade que hoxe nos sorprende: os teleclubs, espazos onde ver a TV antes de que fose accesible economicamente ao público xeral, e o seu papel na conformación de lazos comunitarios, así como o control exercido polo aparello franquista.

Dous artigos lévannos un pouco máis atrás no tempo. Un deles é o de Paloma Fachal García, o cal está centrado tematicamente en analizar o relicario Caput Argenteum e outras representacións do apóstolo na Catedral de Santiago. Así mesmo, Ana M. Sixto Barcia trasládanos aos séculos XVIII e XIX para achegarnos ao estado da educación, especialmente da feminina, na Galicia a cabalo entre a Idade Moderna e a Idade Contemporánea.

A entrevista deste número está protagonizada por Bruno Arias e Lidia Veiga, director e actriz no filme Os espazos en branco, o cal amosa a ollada subxectiva de Bruno cara á súa tía, a escritora Xela Arias, á cal apenas coñeceu. A partir de aí conversan sobre o papel da mocidade no cinema, a oferta en plataformas dixitais ou a presenza cultural no rural.

En penúltimo lugar, no marco do tradicional artigo dedicado a unha asociación ou entidade, Rocío Castro preséntanos a Casa de Rosalía, sita en Padrón, unha das institucións culturais máis importantes do país en número de actividades pero tamén polo seu simbolismo histórico.

Finaliza a revista número 15 dúas recomendacións editoriais elaboradas por Arturo Real López e Adrian Feijoo Sánchez.

«Bruarán novos ventos»

Mazarelos aproveita o editorial, titulado con esas palabras, para anunciar que abre unha pequena pausa na publicación da revista. Considera positiva a traxectoria até o de agora ao ter contribuído a cubrir un oco na divulgación histórica dentro do panorama cultural galego, con máis de 300 artigos publicados entre a web e a revista en papel. Pero, advirte, "vivimos tempos marcados pola velocidade, pola urxencia e pola caducidade acelerada das ideas e dos proxectos".

Por iso, a entidade considera necesaria unha pausa na cal repensar a revista para "que manteña a súa esencia pero sexa quen de seguir sorprendendo, motivando e inspirando". Esta reflexión incluirá un proceso de escoita e debate coas persoas interesadas nos contidos da revista en papel e da web para "coñecer o que esperades desta iniciativa e integrar as vosas ideas nesta nova etapa", o cal se detallará nas vindeiras semanas.

Artículos relacionados

Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Outros libros do autor

Mares Tenebrosos

Mares Tenebrosos

Aavv

El mar siempre ha sido un enclave propicio para la aventura, la exploración, lo desconocido, las grandes hazañas y también, por qué no decirlo, para el horror. No es extraño encontrar en muchos viejos mapas de mares y costas, en todas las lenguas y culturas, la enigmática expresión que nos advierte: "más allá hay monstruos". La antología que nos ocupa está preñada de salitre, d...

29,00 €

Todavía

Todavía

Aavv

Todavía no es otro libro nostálgico más. Es un compendio de relatos para quienes nos negamos a aceptar que el futuro de la España interior, rural, vacía o vaciada, sea la desaparición más absoluta. En él, veintiocho relevantes autoras y autores de estos territorios plantan cara al pesimismo y nos recuerdan que la despoblación no es un destino inevitable. Arturo Tendero, de Alba...

22,00 €

Radiohead

Radiohead

Aavv

Una antología que recorre toda la carrera de Radiohead, desde sus inicios en Oxford hasta su última y celebrada gira.Radiohead es una de las bandas más influentes y desafiantes de la música contemporánea. Surgidos en la Inglaterra de los años noventa, sus discos han acompañado las transformaciones culturales y tecnológicas que llevaron al rock desde la era del CD hasta el ecosi...

27,96 €

Los que Vuelven

Los que Vuelven

Aavv

Los que vuelven es una antología de relatos de autores españoles del XIX: Emilia Pardo Bazán, Pedro Escamilla, Gillermo Forteza, Enrique Fernández Iturralde y Carmen de Burgos. Cinco cuentos y una novelita ilustrados por Lucía Vázquez de Prada (Luvamiart). Relatos de muertos que no son taes, de suicidas, de resucitadas, de mejeres frías... De la influencia de Poe y de la preocu...

15,00 €

Mujeres Litoral 279

Mujeres Litoral 279

Aavv

A finales de 1986 se terminaba de componer, al cuidado de Lorenzo Saval y Jesús García Gallego, el número doble 169-170 de LITORAL: Femenino. Literatura escrita por mujeres en la España contemporánea. Fue un notable esfuerzo editorial de cuatrocientas páginas para dar voz a cincuenta poetas, veintidós narradoras y tres pensadoras, cuyos textos fueron ilustrados Maruja Mallo, Ma...

31,95 €

Miradas Transversales Desde los Feminismos

Miradas Transversales Desde los Feminismos

Aavv

La crisis sistémica que padecemos nos plantea enormes retos que, sí o sí, debemos afrontar con un enfoque transversal, que atienda a las diferentes dimensiones de los problemas e injusticias y la intrínseca relación entre ellos. El trasfondo de esta obra colectiva está impregnado de claros deseos y voluntades intelectuales y políticas delineadas cuidadosamente. Hemos tratado de...

18,00 €