PUNTO DE IGNICIÓN

PUNTO DE IGNICIÓN

CARLOS DA AIRA E ALEXANDRE FOLGOSO

15,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
SAUROBUKS
Materia
Poesía en galego

Libro de poesía de Carlos Da Aira.
Con fotografías de Alexandre Folgoso e prólogo de Olga Novo.

Este novo poemario de Carlos Da Aira respira polas branquias clamando polas ás: as dun pobo que entra en transo cando danza, a través dunha memoria percutida, dunha foliada comunal, proxectándose cara á forza revolucionaria da alegría.

Chega este libro ao punto de ignición, para proclamar o incendio alquímico e simbólico como acto purificador pero tamén a premura por acadar un novo comezo xurdido da cinsa. Actos de beleza e de verdade condensados nas linguaxes do combate amoroso e da delicadeza revolucionaria, expresados no diálogo integral das formas verbais e visuais en colaboración con Alexandre Folgoso.

E sempre, a dignificación das marxes, da memoria do traballo, do canto á cultura dos subalternos. Todos eles clamores libertarios que asentan este libro na mellor ética do fraternal e asembleario, na construción común do futuro, na ecoloxía profunda que é amor, na solidaria e anticapitalista chamada á revolta contra a pobreza. Poesía profunda.

Olga Novo

Artículos relacionados

  • A VIXILIA DO BOSQUE
    ÁLVAREZ TORNEIRO, MANUEL
    Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ...
    En stock

    14,00 €

  • EN CONCRETO
    VILLALTA, LUISA
    En stock

    22,00 €

  • ENTRE NÓS E O EO
    PIN E CANDO,BEATRIZ E ANTÓN
    En stock

    13,00 €

  • BLANCA MANZANA
    ÁNGELA GAVILÁN
    En stock

    14,90 €

  • O CANTAR DAS MIÑOCAS
    LOPEZ VEIGA, ROBERTO
    En stock

    14,90 €

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €