Plasticus Maritimus. Unha Especie Invasora
Pêgo, Ana / Minhós Martins, Isabel
Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes; non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa "especie invasora" que urxe erradicar. A autora e promotora do proxecto «...
Sinopse
Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso
do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes;
non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas
dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano
no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa "especie invasora" que urxe erradicar.
A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando
a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu
como beachcomber nunha rede internacional de expertos
que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos
nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada
pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm.
que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo
de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Información de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Outros libros do autor