Pasou o que Pasou. (Doce Estampas Oitenta)
Garcia Lago, Lito
Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso -de divulgación máis que un ensaio puro e duro-, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa -quizais todas as son- mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria -na foto finish- de Manuel Fraga, foi especialmente ...
Sinopse
Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso -de divulgación máis que un ensaio puro e duro-, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa -quizais todas as son- mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria -na foto finish- de Manuel Fraga, foi especialmente axitada. Houbo de todo: cambiou o curso do Amazonas, prendeu a mecha da rivalidade capitalina, un Borbón tivo que recuar... Por haber, ata houbo unha revolta duns conselleiros contra aquel que os nomeou. E tamén unha experiencia tripartita que acabou como acabou.
Todo isto é o que se conta nestas páxinas. Sen maiores pretensións. "Sine ira et studio", como dixo o clásico.
Prólogo de Suso de Toro.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados