Saltar al contenido principal
Para Toda a Vida

Para Toda a Vida

Moreda Rodríguez, Eva

Logo de varios anos emigrada no Reino Unido, e tras un revés da vida, Paula decide regresar á casa natal e intentar empezar de cero. Mudará a docencia e a investigación universitaria por un obradoiro de instrumentos musicais artesáns. Situada nesa idade na que se afasta a provisionalidade da xuventude, deberá pensar se paga a pena intentar vivir esas cousas que se din «para tod...

Editorial:
Aira
Ano de edición:
2020
ISBN:
978-84-121324-7-2
Páxinas:
144
Encadernación:
Rústica
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Logo de varios anos emigrada no Reino Unido, e tras un revés da vida, Paula decide regresar á casa natal e intentar empezar de cero. Mudará a docencia e a investigación universitaria por un obradoiro de instrumentos musicais artesáns. Situada nesa idade na que se afasta a provisionalidade da xuventude, deberá pensar se paga a pena intentar vivir esas cousas que se din «para toda a vida».
Nesta novela, Eva Moreda demostra un enorme dominio dos recursos da oralidade ao servizo da alta literatura. Un estilo inconfundible dunha das voces máis interesantes das nosas letras.

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

O Raposo Na Fronde

O Raposo Na Fronde

Moreda Rodríguez, Eva

O raposo na fronde pode parecer, desde fóra, unha saga familiar coma outras que empeza nas renuncias da Guerra Civil e remata no desarraigo das novas diásporas. Pero é, sobre todo, un terreo no que a autora xoga cos xeitos de contar a historia, a propia e a de todos. Porque este libro demostra que o que se presenta como relato pode contar unha verdade e unha peza memorialística...

15,00 €