Saltar al contenido principal
Os Salgueiros

Os Salgueiros

Blackwood, Algernon

Os salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros -o narrador e mais o sueco- emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os leva a acam...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2017
ISBN:
978-84-945403-1-8
Páxinas:
80
Encadernación:
Rústica
11,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Os salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros -o narrador e mais o sueco- emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os leva a acampar nunha illa fluvial localizada nun tremedal. A partir dese momento mergullaranse nun suxestivo ambiente de irrealidade e irán tomando conciencia do «horror cósmico» (así o define Lovecraft) e das presenzas sobrenaturais que os asexan. Mais non só abafa a atmosfera; tamén o desenlace intenso e sobrio, grazas a unha sutileza narrativa de primeira orde.

Esta novela curta do prolífico Blackwood está considerada pola crítica un dos textos máis representativos e potentes da moderna literatura de terror en lingua inglesa, feito que xustifica as numerosas traducións existentes ás máis diversas linguas, así como, por mor dunha extensión que supera o habitual para un relato, a súa publicación en edicións exentas.

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

Outros libros do autor

Descenso a Egipto

Descenso a Egipto

Blackwood, Algernon

Reconocido maestro de la moderna narrativa fantástica y de terror, Algernon Blackwood (1869-1951) supo compaginar su atracción por la mística y el ocultismo con su amor por la naturaleza. Autor de relatos emblemáticos del género, como El Wendigo, Los sauces o Antiguas brujerías, produjo una extensa obra que alcanza según Lovecraft «un nivel genuinamente clásico y evoca como nin...

26,00 €

John Silence

John Silence

Blackwood, Algernon

Algernon Blackwood (Kent, 1869-1951) pertenece, al igual que M.R. James, E.F. Benson, Lord Dunsany, Machen o Hodgson, a la estirpe que fraguó en el cambio del siglo XIX al XX las bases del relato de fantasmas y la ficción extraña contemporáneas, haciendo evolucionar los viejos espectros vengativos y ensangrentados de la tradición gótica hacia los modernos ectoplasmas y polterge...

26,00 €

Los Sauces

Los Sauces

Blackwood, Algernon

Publicado por primera vez en castellano de forma independiente, Los sauces es considerado por la crítica el mejor libro de Blackwood. También lo fue para Lovecraft, quien dijo del autor que nadie se había acercado «a la habilidad, seriedad y minuciosa fidelidad con las que registra las insinuaciones de anormalidad en ciertos objetos y experiencias ordinarios, o a la sobrenatura...

15,90 €