Saltar contido
Os Paxaros e Outros Poemas

Os Paxaros e Outros Poemas

Salgado, Daniel

«Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte. Hai política, sempre hai política, e un catálogo de paxaros, porque así se comprende mellor o delicado transo en que nos at...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
ISBN:
978-84-9121-794-7
Páxinas:
56
14,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

«Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte. Hai política, sempre hai política, e un catálogo de paxaros, porque así se comprende mellor o delicado transo en que nos atopamos: os horizontes bórranse, a organización entra en crise, os significados resístense. Nese interregno, farto dos satisfeitos, intenta suceder o poema.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
Douche o que Non Teño

Douche o que Non Teño

Ferreiro, Mar

Medulia Editorial S. l.

: Alén disto, prégolles aos lectores e lectoras que se deteñan nestas páxinas con todo o cariño e admiración que merecen, que escoiten as palabras de Yeats no seu poema "Ofrenda": "E se eu tivese o pano brocado dos ceos, entretecido con luz de ouro e prata, o pano azul-escuro, tebr...

14,90 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Outros libros do autor

Poemas Realistas

Poemas Realistas

Salgado, Daniel

Apiario

"Poemas realistas" é a nova entrega de Daniel Salgado, un poeta fundamental na poesía galega última, e nela explora as posibilidades do poema como testemuña dunha época ou a devoración dunha época que impón o poema. Non hai elección posible, hai sangue e lama e, malia todo, onde estea a mazaira vella, aí finalmente estará a nosa fráxil condición política.Por que ler?-Porque nes...

18,00 €
Dos Tempos Sombrizos

Dos Tempos Sombrizos

Salgado, Daniel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada. Nunha lingua acosada. Nunha lingua de vencidos. É testemuño dunha derrota inmensa. Estes poemas queren, ao cabo, construír un refuxio contra a barbarie. Contra o cinismo como ética xeral da...

14,50 €