Saltar al contenido principal
Ollos Azuis

Ollos Azuis

Pardo De Neyra, Xulio

En Ollos azuis, segunda das sinfonías en que retrata a música atonal de Terra de Miranda e Terra de Burón, Pardo de Neyra volve recuperar un feixe de historias rescatadas do baúl da súa memoria familiar para, neste caso, efectuar unha viaxe literaria polo camiño da herdanza duns ollos azuis que, de home a home, esqueceu a súa verdadeira procedencia feminina.Neste novo traballo ...

Editorial:
Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-126822-8-1
Páxinas:
178
Encadernación:
Rústica
16,00 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

En Ollos azuis, segunda das sinfonías en que retrata a música atonal de Terra de Miranda e Terra de Burón, Pardo de Neyra volve recuperar un feixe de historias rescatadas do baúl da súa memoria familiar para, neste caso, efectuar unha viaxe literaria polo camiño da herdanza duns ollos azuis que, de home a home, esqueceu a súa verdadeira procedencia feminina.
Neste novo traballo insístese de novo no lirismo e na maxia que, para todo clan familiar, ben pode referir unha procedencia xeográfica determinada, para alén de rexistrar como a importancia da figura da muller foi capital para unha xínea despois insistentemente louvadora do elemento masculino.

«O traballo de recuperación do léxico, tanto histórico, como propio é outra peza clave nesta novela, que como boa máquina de artellar pensamento pon en valor o noso patrimonio inmaterial: a fala. [...] Un traballo impecable onde as personaxes, entre outras moitas características, falan dun xeito propio en cada unha das épocas, en cada unha das terras nas que habitan».

Artículos relacionados

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Outros libros do autor

As Tres Vidas de María de Murias

As Tres Vidas de María de Murias

Pardo De Neyra, Xulio

As tres vidas de María de Murias é un destecer.É a historia dun dos moitos desdouros que nos fixeron sufrir. E o percurso dunhas almas desenfiadas. Un devalar tecido desde o fielmente real (agás naqueles fragmentos en que todo é invención), velaí as pedras asfixiadas entre o desvendar as vidas dos países de Miranda, Burón e Meira.O menstruo apouvigado polo demo do espermático, ...

19,00 €

Intensa e Quente é a Túa Humidade Azul

16,00 €

A Monxa e o Grumete

A Monxa e o Grumete

Pardo De Neyra, Xulio

Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun re...

20,55 €

O Abecedario no País Das Alvarizas

O Abecedario no País Das Alvarizas

Pardo De Neyra, Xulio

O Abecedario no país das alvarizas é a presentación do autor no eido da poesía , recollendo un volume de textos onde en dúas seccións , seguindo as letras e os dígrafos do abecedario , a voz poética do lugués retrata un espazo con vocación de apertura mais amurado polas teas que cinxen unha alvariza . Dentro deste edén derruido semella seguir a se ouvir o voo das abellas que , ...

11,90 €

O Abrazo Das Bocas

O Abrazo Das Bocas

Pardo De Neyra, Xulio

15,00 €