Saltar al contenido principal
O Xogo Das Cadeiras

O Xogo Das Cadeiras

Alberdi, Uxue

O xogo das cadeiras é unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres -Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración-, indaga nas engrenaxes da memoria. O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personax...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-946538-5-8
Encadernación:
Rústica
14,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

O xogo das cadeiras é unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres -Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración-, indaga nas engrenaxes da memoria. O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personaxes. A historia acontece nunha pequena vila portuaria de Euskal Herria, e artéllase a partir do simbolismo que atesouran as cadeiras da pastelaría rexentada por Ixabel, lugar de encontro dun grupo de clientes xa na ancianidade. No local técense interesantes conversas que se van enfiando cos pensamentos dos personaxes, e que alternan presente e pasado para conformar, por medio de escenas, unha completa liña vital: dende os inxenuos tempos da infancia, pasando pola represión, as traizóns ou os abusos de poder, en plena guerra civil, até a madureza e a senectude, coa morte sempre á espreita.

No plano estilístico, cómpre destacar un estilo directo e sinxelo, a ausencia de adobíos e unha acaída división en breves capítulos e secuencias que invitan o lectorado a reconstruír o carácter fragmentario da novela.

Artículos relacionados

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Outros libros do autor

La Trastienda

La Trastienda

Alberdi, Uxue

Una era costurera; la otra, bordadora. Abrieron su tienda a finales de los años setenta, cansadas de trabajar en casa de sus padres. A lasagujas, máquinas e hilo que hasta entonces habían sido susherramientas les sumaron libros políticos y discos. Marx y mercería.Su padre les aconsejó que hicieran sitio para el taller y el almacén:«Lo más importante no se hace a la vista». Desd...

19,90 €