Saltar al contenido principal
O Quinto en Cuestión

O Quinto en Cuestión

Davies, Robertson

Esta obra, publicada en 1970 e considerada a mellor novela canadense do século XX, comeza coa definición que o autor fai do quinto en cuestión no contexto das compañías operísticas: "O rol que, malia non ser nin o do heroe nin o da heroína, nin o do confidente nin o do vilán, resultaba fundamental á hora de resolver a trama dun modo satisfactorio". «O quinto en cuestión» é...

Editorial:
Faktoria K de Libros, S. a.
Ano de edición:
2021
ISBN:
978-84-16721-82-5
Páxinas:
436
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
18,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Esta obra, publicada en 1970 e considerada a mellor novela
canadense do século XX, comeza coa definición que o autor fai
do quinto en cuestión no contexto das compañías operísticas:
"O rol que, malia non ser nin o do heroe nin o da heroína,
nin o do confidente nin o do vilán, resultaba fundamental
á hora de resolver a trama dun modo satisfactorio".
«O quinto en cuestión» é un relato de relixión e moral, de mito
e de historia, que amosa a mestría literaria de Robertson Davies
pola súa capacidade para tratar temas diversos con acerto,
naturalidade e verosimilitude, cativando a atención dende
as primeiras páxinas.

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Outros libros do autor

El Quinto en Discordia

El Quinto en Discordia

Davies, Robertson

Alrededor de la misteriosa muerte del magnate canadiense Boy Staunton se teje la trama de esta novela. La narración corre a cargo de Dunstan Ramsay, amigo desde la infancia de Staunton, quien al intentar aclarar las circunstancias de su muerte no tendrá más remedio que enfrentarse al relato de su propia vida. Desde el principio de la historia, Ramsay ejerce una influencia místi...

18,95 €