Saltar al contenido principal
O Poder Da Fraxilidade

O Poder Da Fraxilidade

Antonio García Teijeiro

[...] < É o amor unha porta aberta á esperanza?Despois do camiño percorrido na única vida que nos toca vivir, queda algo daqueles soños de nenez, da mocidade, dos primeiros anos da adultez?É o noso paso pola vida o voo dun paxaro que ás veces volve ao niño e outras emigra e non sabemos máis del?>>.Son reflexións de An Alfaya no limiar do libro, que remata contundente: >. ...

Editorial:
Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-124434-9-3
Páxinas:
102
Encadernación:
Rústica
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

[...] < É o amor unha porta aberta á esperanza?
Despois do camiño percorrido na única vida que nos toca vivir, queda algo daqueles soños de nenez, da mocidade, dos primeiros anos da adultez?

É o noso paso pola vida o voo dun paxaro que ás veces volve ao niño e outras emigra e non sabemos máis del?>>.

Son reflexións de An Alfaya no limiar do libro, que remata contundente: << Cando un entra no mar poético de O poder da fraxilidade ninguén sae indemne>>.

Artículos relacionados

Requiem

Requiem

Outeiro, Eugenio

Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o po...

13,50 €

Nakba

Nakba

Torrado Queiruga, Patricia

Nakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: «Pode un poema describir a barbarie?» «Canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?». Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: «Raizame» «Escombros» «Resistir coa palabra» e «Réquie...

16,90 €

Trazo Dobre

Trazo Dobre

Sanchez Abeal, Patricia

O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...

14,30 €

Umbilical

Umbilical

Quintiá,Xerardo / Ramos,Baldo

Escribíndose desde a controversia e articulándose unha contra a outra, dúas voces flúen para desembocar finalmente nunha tensión creativa na que as palabras reconcilian as súas semánticas diverxentes e por veces enfrontadas, pero nas que tamén se convoca a arela de compartir e nomear o lugar para conseguir habitalo doutro xeito e darlle un sentido novo máis alá de calquera arti...

14,96 €

Semente de Mencer. Obra Poética I. 1970-2006

Semente de Mencer. Obra Poética I. 1970-2006

Cabana, Darío Xohán

Reúne los quince libros publicados en vida del autor en una edición, estudio y notas a cargo de Anxo Angueira. ...

37,00 €

As Torres Abolidas

As Torres Abolidas

Miranda Ruiz, Xosé

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible qu...

19,50 €