Saltar al contenido principal
O Planeta Dos Simios

O Planeta Dos Simios

Boulle, Pierre

Jinn e Phyllis estaban pasando unhas vacacións marabillosas no espazo, o máis lonxe posible dos astros habitados. Naquel tempo, eran habituais as viaxes interplanetarias, e as expedicións intersiderais non resultaban excepcionais. Os foguetes levaban turistas até as prodixiosas paisaxes de Sirio ou financeiros ás famosas bolsas de Arturo e de Aldebarán... "O planeta dos simios"...

Editorial:
Faktoria K de Libros, S. a.
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-16721-43-6
Páxinas:
272
Encadernación:
Bolsillo
Colección:
Narrativa K
17,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Jinn e Phyllis estaban pasando unhas vacacións marabillosas
no espazo, o máis lonxe posible dos astros habitados.
Naquel tempo, eran habituais as viaxes interplanetarias,
e as expedicións intersiderais non resultaban excepcionais.
Os foguetes levaban turistas até as prodixiosas paisaxes de Sirio
ou financeiros ás famosas bolsas de Arturo e de Aldebarán...
"O planeta dos simios" pódese encadrar nas fantasías distópicas
ou antiutópicas que abundaron no pasado século XX, con exemplos como "Un mundo feliz" de Huxley ou "1984" de Orwell. Esta obra
de Pierre Boulle presenta un mundo futuro onde os humanos
son gobernados por simios, como crítica á obsesión da nosa especie por dominar o planeta. Tamén expón o problema da discriminación
racial na xerarquía de castas implantada nesa ficticia sociedade simiesca: os gorilas no alto do escalafón ostentando o poder militar, a continuación os chimpancés polas súas habilidades científicas
e intelectuais, seguidamente os orangutáns representando a clase
sacerdotal, e por debaixo de todos, os humanos como man de obra.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Outros libros do autor

El Planeta de los Simios

El Planeta de los Simios

Boulle, Pierre

UN VIAJE ESPACIAL. UNA TEMIBLE CIVILIZACIÓN. ¿UN NUEVO MUNDO? Con millones de ejemplares vendidos en todo el mundo, y ya conocido como una de las mayores sagas cinematográficas del mundo, El planeta de los simios es uno de los más grandes clásicos de la ciencia ficción. Es el año 2500. El periodista Ulises, junto al profesor Antelle y a su alumno Arturo Levain, se embarca en u...

14,96 €