Saltar al contenido principal
O Pazo Das Marismas

O Pazo Das Marismas

Blanco Casal, Alberte

Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenari...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1110-785-3
Páxinas:
464
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
21,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenario de conspiracións e espionaxe internacional entre alemáns e británicos, cos intereses das grandes potencias sempre presentes. Cun estilo áxil e moi cinematográfico, a novela combina a intriga do thriller co plano histórico e a crítica social, conformando un relato coral onde cada personaxe garda segredos e ambicións. Os diálogos vivos e as descricións coidadas transpórtannos a un momento de encontro entre tradición e modernidade onde as relacións de poder, paixón e traizón se entrelazan.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Lovers

Lovers

Porteiro, María Xosé / Avendaño, Alberto / Alberto Avendaño,

Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros... e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias. Nunha xeografía de peripecias vitais que ab...

19,00 €

Outros libros do autor

Memorias Da Brétema, Historias Dunha Bisbarra Do Ulló

18,00 €