Saltar contido
O Pazo Baleiro

O Pazo Baleiro

Docampo, Xabier P.

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas d...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2002
Materia:
Juveníl 12-14
ISBN:
978-84-8302-748-6
Páxinas:
160
Encadernación:
Otros
Colección:
Sopa De Libros
10,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acudirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.
Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferenza pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa.
En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. "Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo".

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Hija del Norte

Hija del Norte

Pattou, Edith

Errata Naturae Editores, S. l.

ROSE NO ES UNA NIÑA COMO LAS DEMÁS, ROSE ES UNA HIJA DEL NORTE Rose nació mirando hacia el norte, y las antiguas historias dicen que los niños del Norte están destinados a alejarse de casa y emprender viajes peligrosos. Cuando un enorme oso blanco aparece ante ella y le promete salvar a su familia si acepta acompañarlo, no duda en partir con él hacia un castillo misterioso. ...

24,00 €
El Libro Maldito

El Libro Maldito

Thilliez, Franck

Duomo Ediciones S. l.

La historia que ha aterrorizado a más de 100.000 jóvenes. ¡Abre un capítulo al día! Leerlo es enfrentarse a lo peor...1 de diciembre.Nael encuentra un cuaderno delante de su casa.Es el cuaderno de Leo, un adolescentesecuestrado hace exactamente un año.Desde ese momento, el destino de ambosqueda vinculado para siempre.Nael está atrapado en un díaque se repite una y otra vez.Un d...

19,90 €
Telmo Lobo 4 - el Desafío de los Caballeros

Telmo Lobo 4 - el Desafío de los Caballeros

Aragón, Emilio

Ediciones Alfaguara, S. a. -Grupo Santillana

Únete a los hermanos Lobo en una nueva misión y vive una gran aventura con esta serie de Emilio Aragón llena de acción y sorpresas. Tres hermanos. Dos mundos. Un enemigo. Telmo, Carmina, Mía y Sammy vuelven a su vida normal. Pero Vértigo no les dejará descansar ni en vacaciones. Cuando encuentran una espada enterrada en la arena, se ven transportados a un nuevo mundo lleno de ...

16,95 €
Los Gatos Guerreros el Augurio de las Estrellas 6 - la Última Esperanza

Los Gatos Guerreros el Augurio de las Estrellas 6 - la Última Esperanza

Hunter, Erin Hunter

Publicaciones y Ediciones Salamandra, S. a.

La trepidante serie de Los Gatos GuerrerosOS lleva más de cuarenta y tres millones de ejemplares vendidos en todo el mundo y ha estado más de catorce años en la lista de grandes éxitos de The New York Times. El final de las estrellas está cerca. Los Tres deben convertirse en cuatro para combatir la oscuridad que dura eternamente...Tras incontables lunas, los aprendices de Estre...

16,95 €
Metty Jones y la Brújula Sombría

Metty Jones y la Brújula Sombría

Leathley, Philippa

Grupo Anaya, S. a.

Una extraordinaria y conmovedora aventura de magia y valentía que celebra la importancia de elegir tu propio destino.Cuando la magia es una deuda, fallar no es una opción.En la mágica ciudad de Nuevo Londres, una lápida con su nombre conduce a Metty hasta la catedral subterránea de la Liga de las Sombras, una sociedad clandestina que comercia con el poder. Cuando un inspector d...

16,50 €
Agencia Perdido 1

Agencia Perdido 1

Dixen, Victor

Bayard Jeunesse

CADA DÍA DESAPARECEN CIENTOS DE OBJETOS Y PERSONAS. ¿CREÍAS QUE ESTABAN PERDIDOS? NO. HAN SIDO ROBADOS O SECUESTRADOS POR CRIATURAS VENIDAS DE OTRO MUNDO PARA ARRANCAR PEDAZOS DEL NUESTRO: LOS COCOS. La vida de Lucy da un vuelco cuando su madre desaparece misteriosamente. La joven huérfana se ve obligada a robar en los trenes de Nueva York para sobrevivir. Hasta que un día cono...

19,90 €

Outros libros do autor

A Nena Do Abrigo de Astracán

A Nena Do Abrigo de Astracán

Docampo, Xabier P.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; ...

22,50 €
O Misterio Das Badaladas

O Misterio Das Badaladas

Docampo, Xabier P.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...

15,50 €
O País Adormentado

O País Adormentado

Docampo, Xabier P.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e em...

14,50 €
De Cores e de Amores

De Cores e de Amores

Docampo, Xabier P.

Editorial Galaxia, S. a.

Hai unha gran forza que goberna o mundo. Esa forza chámase amor. Das cores do amor, e de amores de todas as cores, fala este libro. ...

11,45 €
A Casa Da Luz

A Casa Da Luz

Docampo, Xabier P.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa...

10,95 €
Cando Petan Na Porta Pola Noite

Cando Petan Na Porta Pola Noite

Docampo, Xabier P.

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamab...

14,50 €