A CASA DA LUZ

A CASA DA LUZ

DOCAMPO, XABIER P.

9,95 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2002
Materia
Infantil, juvenil y didáctico
ISBN:
978-84-8302-884-1
Páxinas:
192
Encadernación:
Rústica
Colección:
Sopa De Libros

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto... Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará á panda serán os seus debuxos, paisaxes marabillosas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros.
A casa da luz, de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesan os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector novo de forma irresistible cara ao mundo da arte.

Artículos relacionados

  • ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA Y BABY LED WEANING
    CAMBA,LUCÍA
    Aliméntate de la última evidencia y las pautas más recomendables sobre la introducción de alimentos en la alimentación complementaria de la mano del método Baby-Led Weaning. En este libro encontrarás toda la información necesaria para vivir esta etapa conscientemente, acompañando a tu bebé o a los bebés de tu aula con el conocimiento necesario e imprescindible par...
    En breve

    20,00 €

  • NINJA KID 10. ¡HEROES NINJA!
    DO, ANH
    ¡DESCUBRE AL NINJA QUE LLEVAS DENTRO CON EL HÉROE MÁS DIVERTIDO! Nelson y Kenny ensayan para representar LA OBRA DE TEATRO DE LA ESCUELA, pero, gracias a un nuevo invento de la abuela, ¡todos los personajes cobran VIDA! ¡¿Podrán devolverlos a sus páginas antes de que todo el pueblo caiga en manos de un atronador EJÉRCITO DE MOSQUITOS GIGANTES?! ...
    En breve

    13,95 €

  • O DESENCANTO
    QUINTÍA PEREIRA, RAFAEL
    Brais era un rapaz coma outro calquera, outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoitaba ir co gando a un lugar chamado "O Outeiro das Mouras". Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados...Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar? ...
    En breve

    21,00 €

  • HARRY POTTER. ACUARELAS MAGICAS: FLORA Y FAUNA
    POTTER, HARRY
    En breve

    19,90 €

  • (GAL) O SIGNO DOS CATRO
    BAUDET, STEPHANIE
    "Agarde HOXE ÁS SETE DA TARDE no exterior do teatro Lyceum, na terceira pilastra comezando pola esquerda. Se é desconfiada, veña acompañada de dous amigos. Foi vostede aldraxada e váiselle facer XUSTIZA. Non chame á policía. Se o fai, todo será en van." Cando lle piden a Holmes que investigue unha críptica mensaxe recibida por Mary Morstan, nin el nin Watson agardan ve...
    En breve

    15,40 €

  • JUAN PILILA 1. JUAN PASEA A LOS PERROS
    JACOB LEY
    Llega la serie avalada por psicólogos infantiles que ha causado sensación en Dinamarca. Cuando la Bisabuela le pide a Juan que saque a pasear a su perro Buller, los habitantes del vecindario empiezan a pensar que esuena idea que también saque a los suyos. ¡Pero son muchos perros! ¿Cómo lo va a hacer? Entonces, Juan tiene la buena idea desar la pilila para pasear a todos l...
    En breve

    13,95 €

Outros libros do autor

  • A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    DOCAMPO, XABIER P.
    A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate m...
    En stock

    21,95 €

  • CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
    DOCAMPO, XABIER P.
    Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chama...
    En stock

    13,50 €

  • CATRO CARTAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura. Cinco pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción... ...
    4-8 días
  • A CHAVE DAS NOCES
    DOCAMPO, XABIER P.
    Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar. A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman o...
    En breve

    13,50 €

  • A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volver...
    En breve

    16,95 €

  • O PAÍS ADORMENTADO
    DOCAMPO, XABIER P.
    No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga M...
    En breve

    13,50 €