Saltar al contenido principal
O Home Das Bonecas

O Home Das Bonecas

Jean-Louis Renaud

O home das bonecas responde ás características da literatura da fin do século en canto ao estilo requintado, a atmosfera lúgubre, o erotismo mórbido ou as paixóns violentas. A loucura exemplifícase na atención exclusiva que lle dedica o protagonista, Menzel, á súa variada colección de bonecas en detrimento da muller real, Yane, unha fermosa actriz á que coñeceu un serán na óper...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
978-84-121280-9-3
Encadernación:
Rústica
6,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

O home das bonecas responde ás características da literatura da fin do século en canto ao estilo requintado, a atmosfera lúgubre, o erotismo mórbido ou as paixóns violentas. A loucura exemplifícase na atención exclusiva que lle dedica o protagonista, Menzel, á súa variada colección de bonecas en detrimento da muller real, Yane, unha fermosa actriz á que coñeceu un serán na ópera e que dende entón o importuna coas súas asiduas visitas.

Á maneira dun manifesto simbolista, o relato propugna a superioridade do ideal sobre o real, do soño sobre a vida, ao tempo que emparenta cunha longa tradición arredor dos seres artificiais que se remonta ao mito de Pigmalión relatado por Ovidio, pasa pola figura do gólem e os robots de Isaac Asimov e Stanislaw Lem, e chega mesmo aos androides de Philip K. Dick e ás hortensias do uruguaio Felisberto Hernández. Lémbrese, por outra banda, que o século XIX fora particularmente fecundo en obras que presentan a cuestión do dobre e do poder divino que se arroga o ser humano no seu desexo de crear vida, dende Frankenstein (1818), de Mary Shelley, até A Eva futura (1886), de Villiers de l'Isle Adam, cuestionando os novos poderes proporcionados polas ciencias e a técnica da era industrial a canda os límites éticos.

Así mesmo, podería sinalarse a relación co Pinocho (1894), de Collodi, e máis claramente co relato do alemán E. T. A. Hoffmann «O home de area» (1817). Neste sentido cabe destacar que a ópera Les Contes d'Hoffmann (1881), composta por Jacques Offenbach e o libretista Jules Barbier, ten un papel central no relato, pois Menzel namórase de Yane cando esta interpreta a Olympia o serán que asiste a unha das súas representacións.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €