Saltar al contenido principal
O Día Da Lagosta

O Día Da Lagosta

West, Nathanael

Ante os ollos desencantados de Tod, un pintor chegado a California en busca de inspiración, desfilan personaxes estrafalarios ansiosos por atopar o seu sitio no soño de ouropel hollywoodense: Faye, bela aspirante a actriz e bailarina, sempre a piques de rematar no prostíbulo; Harry, pai dela, artista de vodevil nas últimas; Homer Simpson, en recuperación tras sufrir un ataque d...

Editorial:
Irmás Cartoné
Ano de edición:
2016
ISBN:
978-84-942570-9-4
Páxinas:
244
Encadernación:
Rústica
13,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Ante os ollos desencantados de Tod, un pintor chegado a California en busca de inspiración, desfilan personaxes estrafalarios ansiosos por atopar o seu sitio no soño de ouropel hollywoodense: Faye, bela aspirante a actriz e bailarina, sempre a piques de rematar no prostíbulo; Harry, pai dela, artista de vodevil nas últimas; Homer Simpson, en recuperación tras sufrir un ataque de nervios... Todos eles baten coas forma de vida libertina e dispendiosa dos triunfadores, xerando unha atmosfera abafante tinguida de desesperación que só pode concluír en violencia.

O día da lagosta está considerada a mellor novela xamais escrita sobre a industria cinematográfica. Ambientada no Hollywood dos anos trinta, durante a Gran Depresión, a obra amosa a crúa realidade do soño americano.

Artículos relacionados

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Outros libros do autor

A Señorita Corazóns Solitarios

A Señorita Corazóns Solitarios

West, Nathanael

A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que...

15,00 €