Saltar al contenido principal
O Caderno de Daia

O Caderno de Daia

Cuntín, Luís Gustavo

Un libro onde a literatura e a vida se mesturan. Asi é Caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan da Pólvora, neste caso realizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O vindeiro mércores, nove de marzo, o libro preséntase, a partir das oito da tarde, no Café Airas Nunes de Santiago de Composte...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-123183-7-1
Páxinas:
221
Encadernación:
Rústica
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Un libro onde a literatura e a vida se mesturan. Asi é Caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan da Pólvora, neste caso realizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O vindeiro mércores, nove de marzo, o libro preséntase, a partir das oito da tarde, no Café Airas Nunes de Santiago de Compostela, nun acto onde participarán o propio autor e Elias Torres Feijó -autor do limiar do volume- xunto a Arturo L. Regueiro, Javier Pérez Carrasco, o editor Antón Lopo e Valentín García, titular de Política Lingüística. En palabras de Torres Feijó, Cuntín "faz um livro clássico, clássico não na convenção; na estatura clássico. Umha estatura alicerçada em todos os ângulos e sensações aprofundadas no amor e no desamor, por todas as idas e chegadas e por todos os abandonos. E com ela, espaços e tempos, paisagens e cronologias, aprofundadas e, ao mesmo tempo, ligadas e isoladas na leitura".

O caderno de Daia iniciouse en febreiro de 1975, nos últimos meses da ditadura, cando Luís Cuntín coñece en Redondela a unha compañeira de estudos. Logo, o Caderno desbordase con poemas que se foron dirixindo, pouco a pouco, á personaxe sublimada máis que á persoa. Este complexo proceso, tallado de labirintos afectivos, demorouse máis de trinta anos e pechouse definitivamente no 2008, ao concluír a versión actual.

Non estamos, porén, ante unha autobiografía porque o libro se ramifica no colectivo e atinxe as transformacións lingüísticas e ortográficas do propio país, pero resulta evidente que a cadencia do verso é íntima. Cuntín asegura que desde os catorce anos escribe en clave poética as súas vivencias persoais. Fiel a este principio, o Caderno amósanos que a escrita e a vida poden fundirse como a tinta no papel.


Luís Gustavo Cuntín Docampo (Santiago de Compostela, 1960) dedícase á investigación nunha perspectiva sociolóxica, logo de ser director técnico de Obradoiro de Socioloxía de 1998 a 2013, e profesor asociado na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. O caderno de Daia é o seu primeiro poemario publicado pero, previamente, mantivo colaboracións frecuentes co poeta Arturo L. Regueiro. Xuntos, puxeron sobre os escenarios, cos seus propios textos, o espectáculo de poesía e Jazz 2+2 = Silver Street, así como Galiza Cajun e Curriculum oculto, nos que unha serie de textos dos libros homónimos de Regueiro se integran e dialogan entre os recitados e a música do grupo Pettit Swing.

Artículos relacionados

Nu 63

Nu 63

Vázquez Liste, José

Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" e...

13,00 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

Sempre Lela

Sempre Lela

Piñeiro, Esther

Os poemas deste novo libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desencantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas sobre a Nosa Terra, a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...

12,00 €