Saltar al contenido principal
O Ano Da Lebre

O Ano Da Lebre

Paasilinna, Arto

VER PORTADALER EXTRACTOÁs veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura.Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre....

Editorial:
Rinoceronte Editora
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-17388-06-5
Páxinas:
194
Encadernación:
Rústica
Colección:
Nova
17,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse


VER PORTADA
LER EXTRACTO
Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura.

Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre. Desde ese preciso intre, como a bolboreta que bate as ás e provoca unha tempestade no outro lado do mundo, o seu perfil de xornalista de relativo éxito atrapado nun matrimonio sen amor esfarelouse, e emprendeu unha viaxe sen igual pola xeografía de Finlandia até chegar ao mesmo Mar Branco.

Nesta novela-debut de 1975, Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Outros libros do autor

Delicioso Suicidio en Grupo

Delicioso Suicidio en Grupo

Paasilinna, Arto

Onni Rellonen, un home de negocios golpeado pola vida, e o coronel Hermanni Kemppainen, oficial frustrado, atópanse nunha vella pallota, ambos co mesmo propósito de suicidarse. Tras o estraño encontro deciden levar a cabo un plan: xuntar todas as persoas do país que están pensando en suicidarse e pasar os seus últimos días no grupo axeitado.Paasilinna trata a sombría cuestión d...

21,00 €

O Bosque Dos Raposos Aforcados

16,50 €

Adan y Eva

Adan y Eva

Paasilinna, Arto

Del autor de El año de la liebre. Una divertida novela sobre la energía, los coches eléctricos y el capitalismoLas historias tragicómicas de Paasilinna sobre la vida en el norte, junto con su visión aguda y satírica de la sociedad finlandesa, han capturado la imaginación de millones de lectores en todo el mundo.En Adán y Eva cuenta la historia de Aatami, un empresario finlandés...

20,95 €