Saltar al contenido principal
Nós

Nós

Zamiatin, Evgenii

Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética -suprimida en 1988-, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por ex...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-946538-8-9
Encadernación:
Rústica
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética -suprimida en 1988-, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por exemplo, en 1927), como dende a versión inglesa (ao francés, en 1929). E con cada nova edición estranxeira de Nós, a fenda entre o escritor e as autoridades soviéticas tornaba meirande.

En 1946 George Orwell escribiu unha recensión da obra nas páxinas da revista londiniense Tribune; salientaba a súa «forte tendencia ao primitivismo», así como os «impulsos atávicos» do desasosegado protagonista, D-503. Pola súa parte, Ursula K. LeGuin, outra imperdible da literatura distópica, puxo o acento no seu carácter de excelencia e no «ton anarquista». Trátase, en efecto, dunha peza difícil, avasaladora e poliédrica. De feito, resulta significativo o seu predicamento entre a comunidade matemática e os amantes da metáfora, das sinestesias e do expresionismo. Zamiatin, sobre a base do cálculo, a xeometría e os sentimentos humanos, compuxo un ambiente onírico, sufocante e suxestivo realmente memorable.

Crítica de Javier Nogueira:
https://www.galiciae.com/opinion/javier-nogueira/anti-utopia/20180227202331026201.html

Artículos relacionados

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €