NEGRAS

NEGRAS

ASOREY, DANIEL

13,50 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2022
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-1110-051-9
Páxinas:
80
Encadernación:
Rústica

A morte é un proxecto político, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada. A cor escura das vítimas hase enfrontar á violencia que o capital exerce sobre elas, pobres, perdedoras, cheirentas, miserables. Son, todas, negras. Negras no agravio; negras na pel; negras na indefensión; negras na lingua; negras na rabia; negras desde o río Ulla ata Ohio ou o Lago Erie. Se cadra, a forza da súa rebelión, como a enorme forza da poética deste poemario de Daniel Asorey, está na herdanza silenciosa da lingua escura dos grillóns.

Artículos relacionados

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • O ÚNICO E VERDADEIRO DEUS DAS COUSAS QUE ESTÁN FEITAS UN CRSITO
    L. PARÍS, SAMUEL
    En stock

    15,00 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a l...
    En stock

    11,60 €

  • DES A MAR
    ELBA PEDROSA
    Emocións intensas, reflexión e elegancia en fusión con notas musicais que viaxan nunha dimensión ultrasónica. ...
    En stock

    12,00 €

  • GACELA
    GENARO DA SILVA
    En stock

    15,00 €

Outros libros do autor

  • AS MULLERES DA FIN DO MUNDO
    ASOREY, DANIEL
    Rebeca observa dende a xanela do seu cuarto a destrución da Capital do Mundo e emprende unha marcha na procura da supervivencia. Fóra de Muros, Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade. Moi lonxe, nunha terra invadida e desangrada pola guerra, Faheema observa como un helicóptero imperial cae abatido na base do lex...
    En stock

    19,50 €

  • TRANSMATRIA
    ASOREY, DANIEL
    Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída...
    En breve

    14,50 €

  • NORDESTE (PORTUGUES)
    ASOREY, DANIEL
    No bergantim Leboreiro, regressa a uma Compostela poderosa e marítima Carme de Candigas, vedora-mor da República das Santas Irmandades da Galiza. ...
    4-8 días
  • NORDESTE
    ASOREY, DANIEL
    En breve

    16,45 €