Saltar al contenido principal
Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

Editorial:
Alvarellos Editora
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-18567-97-1
Páxinas:
62
Encadernación:
Rústica
14,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.

Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros dispersos de Pimentel da mesma temática de denuncia da represión franquista. Son once en total máis o poema apócrifo en galego «Cunetas».

Estamos diante duns versos de anguria e dor, do berro desesperado dun dos máis extraordinarios poetas que deu Galicia.
Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer -que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado destes versos-, e Xurxo Martínez González, que asina o Epílogo.

Rodríguez Fer define o verso de Pimentel como «exquisito e sensible», e a súa poética como «existencial, íntima, solidaria, política...». No Epílogo, Xurxo Martínez González afirma: «Eu, ao ler os poemas de Cunetas fago meu todo o sangue verquido pola liberdade do noso pobo e pola fraternidade de todos os esquecidos».

Artículos relacionados

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Outros libros do autor

Obra Completa

Obra Completa

Pimentel, Luís

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de l...

32,95 €

Sombra Do Aire Na Herba

Sombra Do Aire Na Herba

Pimentel, Luís

Na colección Dombate aparece este volume, no que Galaxia recolleu unha serie de poemas de Luís Pimentel destinados a formar un libro, inéditos no momento do seu falecemento en 1958. Os versos de Sombra do aire na herba e Triscos aquí recollidos aparecen precedidos por un limiar escrito para a primeira edición por Celestino F. de la Vega, íntimo amigo do autor. ...

12,20 €

Barco sin Luces

Barco sin Luces

Pimentel, Luis

De Luis Pimentel, una de las voces más auténticas, delicadas y hermosas de la poesía gallega del siglo XX, ofrecemos el libro Barco sin luces, que, en su día, deslumbró y conmovió a Dámaso Alonso; también ofrecemos el prólogo, entusiasta, que el propio Dá ...

10,82 €

Antoloxía

Antoloxía

Pimentel, Luis

Luis Pimentel (1895 - 1958) es uno de los poetas más profundamente líricos de la poesía española contemporánea. Incomprensible no ha sido ligado a la llamada "generación del 27", aunque no por ello su calidad, entre todos ellos, haya sido olvidada. No toquéis a este libro. Podría deshacerse, porque es todo de rosas ceniza, decristal, de hundidas sombras de aire. Quizá mejo...

12,00 €