Saltar al contenido principal
Medos

Medos

Carré, Héctor

Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos... Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos. Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos pode...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2021
ISBN:
978-84-9121-915-6
Páxinas:
224
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
19,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos... Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos.
Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden ser ridículos e ata cómicos; pero outros son tan aterradores que nos impiden abrir os ollos. Ás veces temos tanto medo que nos falta o aire para respirar e cremos que non seremos quen de soportar a situación e, así e todo, conseguimos o valor necesario para tirar adiante e seguir enfrontando a vida. A fin de contas, temos medo porque aínda non estamos mortos.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

Outros libros do autor

Febre

Febre

Carré, Héctor

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo ...

14,50 €