Saltar contido
Mazarelos 7 Febreiro - Maio 2022

Mazarelos 7 Febreiro - Maio 2022

Revista de Historia e Cultura

O fútbol galego: unha perspectiva británica - Matt McGinnNos campos de fútbol galegos escóitanse dúas linguas. Matt investiga para a súa tese de doutoramento a relación entre a identidade galega e o fútbol nos anos 90. Neste artigo preséntanos a súa experiencia viaxando polos campos e as bancadas galegas.Joaquín Pérez Domínguez. Medio século nun arquivo fotográfico familiar - R...

Editorial:
Mazarelos. Revista de Historia e Cultura
Materia:
Galicia
Colección:
Mazarelos
9,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

O fútbol galego: unha perspectiva británica - Matt McGinn
Nos campos de fútbol galegos escóitanse dúas linguas. Matt investiga para a súa tese de doutoramento a relación entre a identidade galega e o fútbol nos anos 90. Neste artigo preséntanos a súa experiencia viaxando polos campos e as bancadas galegas.

Joaquín Pérez Domínguez. Medio século nun arquivo fotográfico familiar - Roque Sanfiz Arias
Unha caixa de fotos antigas conta vidas enteiras, camiños de ida e de volta. Joaquín Pérez Domínguez foi unha figura singular pero común na Galicia da primeira metade do século XX. Fillo de emigrantes retornados, estudou na universidade, promoveu o deporte na súa vila e volveu a Cuba. Seguimos a súa vida a través das fotografías que conservou a familia.

A Tiara Valquiria. A cultura europea como inspiración - Iria-Friné Rivera Vázquez
A moda tivo unha revolución nos comezos do século XX. As pezas adaptáronse a novos estilos, mantendo inspiracións clásicas. Iria Friné fálanos neste artigo da Tiara Valquiria, unha peza de artesanía que fixo rexurdir un tipo de xoia adaptada ao Art Déco.

Manuel Fraga como dirigente da Internacional Conservadora (1980-86) - Carlos Calvo Varela
Manuel Fraga centrou parte dos seus esforzos nos anos 80 en aliñarse coa Internacional Conservadora. As súas xuntanzas con Ronald Reagan ou Margaret Thatcher querían sincronizar unha ofensiva ideolóxica da dereita. Os intereses de Fraga e a súa implicación son analizados nesta peza de Carlos.

A lóxica do monumento. O esvaecemento do pedestal - Jorge Viz González
Un monumento é unha mostra de poder, unha materialización dun dominio político sobre o espazo. Unha forma para crear identidade a través da paisaxe urbana. Jorge analiza o protagonismo e a función dos monumentos nas cidades durante o século XX.

Diálogos pendentes na crise ecosocial. Unha proposta de abordaxe integrando ensinanza e acción rural - David García Romero e Diego Salido Herba
As ciencias sociais teñen unha responsabilidade nas ideoloxías que sustentan a maneira de vivir dos países ricos, que pon en grave perigo os ecosistemas do planeta. No artigo faise unha proposta para aproveitar o coñecemento comunitario na construción de sustentabilidade e a súa posible integración co ensino.

"Cando o ferro está quente hai que bater nel" Conversa con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro - Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias
Conversamos con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro sobre a situación do cinema galego. Falamos sobre a historia no cine, do seu intento de recompilación da historia do cinema en lingua galega, dos problemas e potencialidades da industria e da súa presenza nas pantallas.

Da ribeira, da montaña e do val: Segredos de Pantón - Lucas Vázquez
Moitas iniciativas por todo o país buscan crear comunidade e poñer en valor o patrimonio. Na Mazarelos 7 escribe a asociación Segredos de Pantón, unha destacada iniciativa de dinamización social e cultural a través da movilización da veciñanza e da divulgación en redes sociais.

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €
Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

Morgante

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €