LUZES Nº 110 (NOVEMBRO): UN CONFLITO DE FONDO

LUZES Nº 110 (NOVEMBRO): UN CONFLITO DE FONDO

PEREIRO, X.M. / RIVAS, MANUEL

12,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
LUZES XORNALISMO QUE CONTA
Ano de edición:
2023
Materia
Galicia
ISBN:
978-92-0-380119-5
Colección:
Revista Luzes

Reportaxes:

A supervivencia do mar prende Bruxelas
O regulamento da Comisión Europea para vetar a pesca de fondo en 87 áreas provocou o malestar dos tres eurodeputados galegos, o goberno do Estado e toda a frota. Advirten dunha importante perda económica e de postos de traballo, mentres as entidades ecoloxistas insisten no dano das prácticas pesqueiras aos fondos mariños.
Alexandre Mato Manzanero Fotografías de Xosé Iglesias e Amoedo Loira

Cuba, na hora máis negra
A poboación cubana vive con malestar o que moitos consideran a peor crise económica da súa historia, á que se suma o recente paso de furacán IAN, que sumiu a illa na escuridade durante 96 horas.
Marta Otero Mayán

Saudades do tren. Unha oportunidade dourada para que o tren sexa (de verdade) un transporte público
A idea utópica de ter un tren público medra dende a entrada en vigor da gratuidade dos bonos de Media Distancia. Malia as críticas ao funcionamento e á falta de liñas e frecuencias, o tren galego goza dunha saúde en vexable.
Víctor P. Currás

Entrevistas:

Valentín González Formoso: «O bipartito foi unha etapa moi boa e unha escola de aprendizaxe para hoxe»
Conversa co candidato do PSdeG para as autonómicas de 2024 sobre emprego, industria, enerxías renovables, gobernos bipartitos, medios de comunicación e democracia e a súa valoración dos 13 anos de xestión de Núñez Feijóo.
Cláudia Morán Mato

Juan Diego Botto e Olga Rodríguez: «Cando un cae na pobreza todo conspira para que nunca saias de aí»
Unha conversa co director e a guionista da película En los márgenes sobre desafiuzamentos, loita social, cultura, xornalismo e memoria histórica.
Yolanda Virseda Fotografías de Toni Juliá

Melania Cruz: «A expresión dramática é fundamental como ferramenta de educación e autocoñecemento»
Toda unha vida nos escenarios enche de recoñecementos á actriz lucense, que reivindica o oficio e tamén a incorporación das formas de expresión do teatro á vida.
Belén Teiga Fotos de Marc Várez, Lucía R. Regueiro, Álvaro Serrano Sierra e Juan Luis Tomé.

Artículos relacionados

  • GRIAL 237
    VARIOS
    FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: TESTEMUÑO E COMPROMISOMALORES VILLANUEVAA Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora presidente da institución durante o período de 1997-2001, impulsara esta festividade que soñara en tempos da república, como deixa constancia nun artigo de 1933 ...
    En stock

    13,50 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVIII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros. Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVI...
    En stock

    19,95 €

  • SACHO DE SEDA
    PÉREZ, ABRAHAM
    En stock

    10,00 €

  • DE COMPOSTELA AO EXILIO INTERIOR. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
    MASCATO, ANTÓN
    A vida de activismo incesante de Paco del Riego contada para todos os públicos e ilustrada con 200 imaxes. Publicada por Alvarellos Editora en coedición co Consorcio de Santiago en abril de 2023, a través de 164 páxinas e máis de 200 fotografías e documentos, o autor percorre a vida única de don Paco, incesante construtor da identidade e das Letras galegas dende os tempo...
    En stock

    23,00 €

  • NÓS TAMÉN TEMOS HISTORIA VOLUME II. ÁLBUM HISTÓRICO DO ALUMNADO
    En stock

    16,00 €

  • THE CATHEDRAL
    S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO / ABEL VILELA, ADOLFO DE
    En stock

    10,00 €

Outros libros do autor