Saltar contido
Lume de Cobiza

Lume de Cobiza

Fernández Fernández, Miguel Anxo

Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arr...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2011
ISBN:
978-84-9865-367-0
Páxinas:
284
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
22,10 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006. Sen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Outros clientes tamén mercaron

Punto de Araña

Punto de Araña

Pallares, Nerea

Editorial Galaxia, S. a.

Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e au...

17,35 €