Saltar al contenido principal
Luces Da Costa Da Morte

Luces Da Costa Da Morte

Iglesias, Xosé

Unha colección de postais de faros con poemas do mar ou viceversa? O que tes nas mans é moito máis. È un artefacto poético e visual que emerxeu das augas da Costa da Morte, onde vive o seu autor, o artista oceánico Xosé Iglesias. Páxina a páxina, funde o misterio máxico da fin do mundo coa beleza directa e salvaxe do mar. Combina, así, a súa paixón pola poesía, pola pintura e p...

Editorial:
Bululú Sl. Zaera Silvar
Ano de edición:
2022
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-18667-42-8
Páxinas:
56
Encadernación:
Rústica
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Unha colección de postais de faros con poemas do mar ou viceversa? O que tes nas mans é moito máis. È un artefacto poético e visual que emerxeu das augas da Costa da Morte, onde vive o seu autor, o artista oceánico Xosé Iglesias. Páxina a páxina, funde o misterio máxico da fin do mundo coa beleza directa e salvaxe do mar. Combina, así, a súa paixón pola poesía, pola pintura e por ese universo mergullado que navega a diario, por ese mundo feito de sal, vento e sol, e habitado polas súas criaturas icónicas: baleas, candorcas, delfíns... Un obxecto con múltiples usos. Agasallalo completo ou por partes, gozar dos seus versos e ilustracións ou enviar as imaxes dos faros da Costa da Morte dunha punta a outra do mundo. Cada faro conta con dous elementos: a tarxeta postal por unha banda e, pola outra, un poema no que, ademais, poderemos anotar a persoa á que lle enviamos a postal. Sexa cal sexa a finalidade que lle deamos, é un auténtico tesouro que nos fará sentir o amor que o artista profesa polo mar, por ese universo que non podemos deixar morrer.

Artículos relacionados

Un Monte Todos os Montes

Un Monte Todos os Montes

Azul Mais Verde Coop. / Autoría Colectiva

Un monte todos os montes concíbese como unha "publica-acción" para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario. A través dunha escrita plural —que incorpo...

16,00 €

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €

A Compostela de Begoña Caamaño

A Compostela de Begoña Caamaño

Encarna Otero Cepeda / Pascale Lee

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».Con estas palabras, a historiadora Encarna Oteroachégase, nesta terceira entrega da serie Mulleresen Compo...

20,00 €

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Aa.vv.

A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...

32,80 €

Os Libros Censurados por Franco

Os Libros Censurados por Franco

Xosé Manuel Dasilva

Xosé Manuel Dasilva, investigador de contrastada traxectoria no estudo da censura editorial durante a ditadura, recompila en Os libros censurados por Franco un amplo mostrario de expedientes dos censores de obras orixinais en galego e de traducións para o galego, que permite compoñer o retrato fidedigno da actuación represiva do réxime franquista, de par que nos ofrece os avata...

25,10 €

Elites, Poder Local y Elecciones en Galicia.

Elites, Poder Local y Elecciones en Galicia.

Prada Rodriguez (Ed.), Julio

La transición española constituye, medio siglo después del fin de la dictadura, un tema clave en la historiografía, en el que el papel de las élites, la ciudadanía y las luchas sociales continúa siendo objeto de discusión. Desde una perspectiva regional centrada en las décadas de los sesenta y setenta, este volumen examina la composición y evolución de las élites políticas del ...

24,00 €

Outros libros do autor

Nao Cetácea

Nao Cetácea

Iglesias, Xosé

Nao Cetácea é un achegamento visual, poético e narrativo aos nosos mares, ao patrimonio marítimo e a biodiveridade mariña do litoral, con especial énfase no mundo dos cetáceos, eses seres míticos que volven aproximarse ás rías galegas.Un libro de acuarelas realizadas por un patrón de pesca e mariñeiro galego, nas que os barcos se transforman nos seres que conforman o seu espíri...

23,00 €

Nación Mar

Nación Mar

Iglesias, Xosé

Los pueblos del mar, todos, sin distinción, son uno en su diversidad cuando se enfrentan al entorno que les trae la vida y, en muchas ocasiones, la muerte. Los seres marinos pueden ser cazadores o presas, y las dos cosas al mismo tiempo. Siempre misteriosos, como el espacio que habitan. Las sabias culturas ancestrales nunca los olvidan y por eso en sus narraciones nos animan a ...

21,00 €

Nación Mar

Nación Mar

Iglesias, Xosé

Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmi...

21,00 €