Saltar contido
Un Monte Todos os Montes

Un Monte Todos os Montes

Publica-Acción

Azul Mais Verde Coop. / Autoría Colectiva

Un monte todos os montes concíbese como unha "publica-acción" para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario. A través dunha escrita plural —que incorpo...

Editorial:
Autor - Editor
Ano de edición:
2026
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-09-83188-3
Páxinas:
264
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Un monte todos os montes concíbese como unha "publica-acción" para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario.

A través dunha escrita plural —que incorpora diferentes formas da lingua galega en diálogo co portugués— e dun ensaio visual, o libro articula un dispositivo colectivo que pon en relación experiencias, memorias e metodoloxías vinculadas ao territorio.

Constrúese desde o encontro entre investigación e prácticas situadas -entre a investigación-acción, a creación artística, a mediación cultural e o traballo comunitario- en relación co territorio e en diálogo con experiencias de gobernanza do monte, coas contribucións de Adriele Andrade Précoma, Natalia Balseiro, Lara Barros Alfaro, María Bella, Martiño Cabana Otero, Joám Evans Pim, Antonio Nodar, Susana González, Óscar Rivas López, Fran Rodríguez Casal e Outonía S. Coop. Galega.

Máis alá da reflexión, esta publicación busca dispoñer para o facer: activar imaxinarios, abrir procesos e contribuír á construción de futuros sostibles para o monte desde a cultura, as comunidades e a ecoloxía.

Artículos relacionados

Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €