Saltar al contenido principal
Lovers

Lovers

Porteiro, María Xosé / Avendaño, Alberto / Alberto Avendaño,

Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros... e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias. Nunha xeografía de peripecias vitais que ab...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1176-608-1
Páxinas:
172
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
19,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros... e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias.
Nunha xeografía de peripecias vitais que abrangue Vigo, Santiago de Compostela, Amsterdam, Buenos Aires, Nova York, Milán, Londres e Washington, estes amantes-lovers permiten que entremos neles para compartir con nós moita risa intanxible, adeuses esgazadores e as conclusións inevitablemente certeiras de quen se arriscan a vivir a vida co corazón nas mans.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

Begoña Caamaño. Xornalismo para a Cidadanía. De Vigo a Compostela

Begoña Caamaño. Xornalismo para a Cidadanía. De Vigo a Compostela

Porteiro, María Xosé

Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista. María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga,...

25,70 €

As Benfaladas

As Benfaladas

Porteiro, Maria Xose

Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas reflexiónase sobre esta circunstancia e propóñense alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa e civilizador que supón respectar e propiciar o acceso da voz e ...

24,00 €

Tabiba

Tabiba

Porteiro, Maria Xose

Disque do amor ao odio só hai un chanzo. Con Tabiba, María Xosé Porteiro mergúllanos nun mundo de paixóns contraditorias que oscilan entre ambos sentimentos. Nos escenarios desta novela, desde o Alto Atlas ata o desesto de Sahel, da Mariña luguesa ata Londres e desde calquera outro lugar do mundo ata Barcelona, aniñan seres á procura do esencial e do transcendente, da razón e d...

18,00 €

Sandalo

Sandalo

Porteiro, Maria Xose

25,05 €