Saltar al contenido principal
Levitación, Nivel Inciación

Levitación, Nivel Inciación

Taibo, Nacho

Levitación, nivel iniciación é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde alg...

Editorial:
Laiovento, S. l.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-8487-717-2
Páxinas:
100
Encadernación:
Bolsillo
Colección:
Narrativa
14,96 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Levitación, nivel iniciación é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade.
No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde algúns veneran a Alemaña triunfante, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos, sobrevoando as abismais diferenzas culturais que o xaponés enfronta con valorosa vontade.
No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler. Malia o sentido poético da vida que o oriental desprega, Cholo chega a ser un dos protagonistas desta historia, contra a súa vontade ?supoñemos? e a nosa. Mentres o xentil diplomático segue levitando en segredo, en ningún outro lugar que en Galiza.
Despois, a barafunda da Guerra Mundial arredaraos, levando o Ákira moi lonxe, perdi

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

Outros libros do autor

Xibraltaria

Xibraltaria

Taibo, Nacho

Xibraltaria é unha fantasía con toques realistas que narra unha historia de aventuras e de espías, parecida a ningunha outra. O xefe de pista do Vanaclocha relata as súas lembranzas sobre este circo desastrado, tapadeira dunha organización clandestina que vela polos intereses da Galiza nos últimos anos da Segunda República española, grazas a unha serie de secretos prodixios. ...

20,00 €