Saltar al contenido principal
Intempériome

Intempériome

Arias, Xela

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significado...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2021
ISBN:
978-84-9121-977-4
Páxinas:
64
Encadernación:
Rústica
Colección:
Poesía
15,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición contén un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

14,50 €

37

37

Salvaxe, Alicia / Savaxe, Alicia

37 es una cartografía emocional compuesta por treinta y siete piezas que oscilan entre el micropoema, la prosa poética y la canción, dando forma a una experiencia híbrida donde el lenguaje se estira, se quiebra y respira.A través de una estructura fragmentaria —marcada por pulsos como «Todo fluye», «Adicia», «Catástrofe» o «No ser», Alicia Savaxe construye un trayecto íntimo qu...

18,00 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Reixa, Anton

O poema «Cicatriz» do artista multimedia Antón Reixa (Vigo, 1957) serve de base literaria ao espectáculo de danza homónimo con dirección de Kirenia M. Acosta. En 2024, Kirenia propúxolle a Reixar utilizar o seu poema «Cicatriz», para un espectáculo de dan ...

18,00 €

Outros libros do autor

Darío a Diario

Darío a Diario

Arias, Xela

En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fill...

17,50 €

Poesía Reunida (1982-2004). Xela Arias

Poesía Reunida (1982-2004). Xela Arias

Arias, Xela

O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou co...

23,95 €