Saltar al contenido principal
Imperialismo: Unha Aproximación Crítica

Imperialismo: Unha Aproximación Crítica

Sussman Vilaverde, Daniel

A comprensión científica dos fundamentos do imperialismo preséntase como unha necesidade para a acción revolucionaria. No contexto actual, marcado pola crise capitalista e pola escalada bélica promovida polo bloque imperialista liderado polos EUA contra os pobos do mundo, a cuestión do imperialismo recobra plena actualidade. Porén, esta obra vai alén das súas manifestacións mái...

Editorial:
Tempo Galiza Editora
Ano de edición:
2026
Materia:
Galicia
ISBN:
979-13-990390-5-4
Páxinas:
126
Encadernación:
Rústica
13,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A comprensión científica dos fundamentos do imperialismo preséntase como unha necesidade para a acción revolucionaria. No contexto actual, marcado pola crise capitalista e pola escalada bélica promovida polo bloque imperialista liderado polos EUA contra os pobos do mundo, a cuestión do imperialismo recobra plena actualidade. Porén, esta obra vai alén das súas manifestacións máis visíbeis para afondar nas súas raíces, sistematizando a experiencia histórica como base para comprender as tarefas políticas do presente e as vías para a derrota do imperialismo e a súa superación revolucionaria.

*

O AUTOR

Daniel Sussman Vilaverde (Oklahoma, 1995) é un traballador farmacéutico e militante antiimperialista, comunista e independentista galego. Desenvolveu a súa militancia en diferentes organizacións e espazos do movemento soberanista galego, como Isca!, Movemento Galego ao Socialismo e posteriormente Movemento Arredista, Mar de Lumes, Galiza Nova ou BNG. Os seus contributos políticos, entre os que pode ser mencionado o traballo na loita ideolóxica (en que tivo un grande peso nos últimos anos a cuestión do imperialismo) hai que encadralos principalmente dentro do contexto dos espazos militantes mencionados.

Artículos relacionados

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Camôes en Galicia

Camôes en Galicia

Dasilva, Xosé Manuel

Este libro constitúe unha homenaxe a Camões, probablemente o autor internacional de maior presenza nas nosas letras ao longo do tempo, con motivo das celebracións do V centenario do seu nacemento. Xosé Manuel Dasilva, camonista e camonólogo de recoñecida traxectoria, ofrece en Camões en Galicia varios estudos que afondan nas pegadas galegas do grande escritor portugués, como re...

23,90 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Memória Histórica e Identidade Nacional

Memória Histórica e Identidade Nacional

Velasco Souto, Carlos Francisco

Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história contemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada à construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...

17,95 €