Saltar al contenido principal
Grial 246 Abril Maio Xuño 2025 Sociedade, Economia e Terri

Grial 246 Abril Maio Xuño 2025 Sociedade, Economia e Terri

Aavv

Sociedade, economía e territorioRAMÓN VILLARES / XOAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGANo contexto da celebración dos 75 anos da fundación de Editorial Galaxia, a revista Grial propúxose realizar varios foros de debate para reflexionar, desde perspectivas temáticas diferentes, sobre o porvir de Galicia e da súa cultura nun futuro próximo, fose a cultura, a ciencia ou a política. Se a funda...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Materia:
Galicia
ISBN:
978-92-0-019159-6
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Sociedade, economía e territorio
RAMÓN VILLARES / XOAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA
No contexto da celebración dos 75 anos da fundación de Editorial Galaxia, a revista Grial propúxose realizar varios foros de debate para reflexionar, desde perspectivas temáticas diferentes, sobre o porvir de Galicia e da súa cultura nun futuro próximo, fose a cultura, a ciencia ou a política. Se a fundación da editorial puido considerarse unha aposta para construír un porvir da cultura galega e, por extensión, da Galicia enteira, tres cuartos de século despois é coherente seguir preguntándose por esta obriga. Entre os obxectivos fundacionais de Galaxia estaban analizar o mundo desde Galicia, proxectar a cultura galega cara ao exterior e construír conciencia da identidade de Galicia, todo feito mediante o emprego da lingua galega como vehículo de comunicación e concibindo a cultura como ferramenta de cohesión comunitaria. Aqueles propósitos non caducaron, o que explica que o motivo xeral destes foros sexa o de "pensar cara adiante" a partir da experiencia acumulada.
Os contidos do foro que se publican neste número de Grial ocúpanse de asuntos relativos á sociedade, economía e territorio de Galicia nos vindeiros vinte e cinco anos, despois de que experimentasen profundas mudanzas no pasado recente, como demostrou unha abondosa literatura especializada. Os cambios económicos e sociais non son procesos autónomos, pero polo menos poden entenderse como expresión das mudanzas que experimentou Galicia desde mediados do século XX e que tiveron consecuencias directas na mobilidade da poboación, na súa ocupación laboral e, de forma moi directa, no uso do territorio en canto á súa titularidade e aproveitamentos, pero tamén ao seu abandono, cuxas razóns deben ser analizadas. Malia seren abruptamente transformadas as liñas básicas da sociedade galega, da súa estrutura económica e dos usos do territorio durante a segunda metade do século pasado, todas continúan a ser pedras de toque imprescindibles para deseñar a Galicia futura.
Estes textos que agora se publican van precedidos dunha reflexión de carácter historiográfico escrita por Ramón Villares, enfiadas a propósito dalgunhas iniciativas análogas que, no pasado, tamén se propuxeron pensar ou imaxinar a Galicia futura, nomeadamente na reunión celebrada en 1977 na Universidade de Santiago, en que participaron moitos membros do grupo Galaxia. Non se trata só de comparar, con evidente vantaxe para un observador actual, sobre erros e acertos dos que se propuxeron imaxinar Galicia, senón de chamar a atención sobre os diferentes réximes de historicidade que rexen a concepción do tempo. A posibilidade de anticipar ou pensar o porvir depende da capacidade de distinguir entre pasado e futuro, algo que caracterizou o pensamento moderno desde as grandes revolucións da segunda metade do século XVIII, pero que agora está en curso de profunda revisión. A pesar desta limitación, os participantes neste foro fixeron un grande esforzo por imaxinar un porvir próximo, pero fuxidío.
Das mudanzas e previsións da poboación ocúpase o artigo escrito pola socióloga Antía Pérez-Caramés, que chama a atención sobre a necesidade de entender a demografía galega a longo prazo, para poder anticipar o seu futuro. Tópicos como a tradición migratoria ou o avellentamento atopan nova luz á vista da súa análise, que invita a "desdramatizar" o futuro da poboación galega, que é un tópico máis frecuente do que debería. O pesimismo demográfico presente no discurso mediático e político non ten sustento empírico. Ao tempo, a autora chama a atención sobre a ineficacia das recentes políticas de poboación, que non parecen ter impacto nin na estrutura nin na dinámica demográficas, e, en todo caso, afastan a mirada dos procesos sociais e económicos que inciden en procesos demográficos (principalmente, no relativo ao comportamento migratorio e ás decisións sobre a fecundidade). E insiste en que o único elemento de achega en termos cuantitativos á poboación galega vén da man da inmigración (particularmente daquela de nacionalidade estranxeira) e, por tanto, non se sosteñen nin discursos xenófobos, nin políticas migratorias baseadas nas restricións á instalación no país, nin tampouco aquelas de preferencia étnica (retorno do talento).
Pola súa banda, o texto escrito polos economistas Xoaquín F. Leiceaga e Edelmiro López Iglesias permite comprobar que a historia recente de Galicia foi "un éxito parcial", dada a converxencia coa contorna española e europea e a súa forte internacionalización, o que non elimina a necesidade de afrontar reformas profundas no inmediato futuro. Os autores establecen a posibilidade da converxencia en renda por habitante con España nun prazo de dez anos, para o que sería preciso elevar a taxa de ocupación (emprego feminino, inmigración), así como a produtividade (especialización máis intensa en actividades de alto valor engadido por unidade de traballo así como un maior peso de empresas competitivas). Os riscos e incertezas esóxenas obrigan a un esforzo acrecentado de innovación e adaptación. Se non queremos volver ser periferia pasiva, cómpre apostar pola xeración de coñecemento avanzado e pola súa aplicación xeneralizada, nos ámbitos privado e público. Tamén pelexar a favor dunha maior integración europea, e por manter, no espazo español, un certo equilibrio entre o respecto á autonomía e a diversidade e a promoción da igualdade e da cohesión, configurando un entorno favorable á cohesión social e territorial e ao desenvolvemento.
Algo semellante acontece no caso do territorio, do que se ocupa o arquitecto Luciano Alfaya, que recoñece que se trata dun sector que precisa non só planeamento e superación de fendas artificiais entre cidade e aldea, senón tamén dun amplo pacto social e político. O autor aborda a pluralidade de figuras urbanísticas que afectan á ordenación do territorio. Galicia ten, a nivel municipal, planeamentos urbanos cunha antigüidade media de máis de vinte anos, formuladas sobre datos e estratexias alleas ás actuais necesidades da sociedade e escasamente preparados para o futuro do noso país. A existencia de instrumentos complementarios, tanto a escala territorial (lei de ordenación do territorio, catálogo de paisaxes, plan do litoral...) como a escala municipal (axendas urbanas, plans de mobilidade...) contradinse co desenvolvemento de estratexias sectoriais que están a implicar decisións irreversibles sobre o territorio. O autor propón así que as figuras de carácter supramunicipal e dinámico teñan cada día maior incidencia na ordenación do territorio de Galicia

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €

A Compostela de Begoña Caamaño

A Compostela de Begoña Caamaño

Encarna Otero Cepeda / Pascale Lee

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».Con estas palabras, a historiadora Encarna Oteroachégase, nesta terceira entrega da serie Mulleresen Compo...

20,00 €

Os Libros Censurados por Franco

Os Libros Censurados por Franco

Xosé Manuel Dasilva

Xosé Manuel Dasilva, investigador de contrastada traxectoria no estudo da censura editorial durante a ditadura, recompila en Os libros censurados por Franco un amplo mostrario de expedientes dos censores de obras orixinais en galego e de traducións para o galego, que permite compoñer o retrato fidedigno da actuación represiva do réxime franquista, de par que nos ofrece os avata...

25,10 €

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Aa.vv.

A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...

32,80 €

A Cara Da Serra

A Cara Da Serra

Araúxo, Emilio

Os grandes rabaños da serra espallándose no poñente á noitiña. Unha memoria de neve. Unha cosntelación ao lonxe reactivando as luminescencias da vida. A infancia do ollos podo dar fe. A idea de herba, a idea de uceira, a idea de pan e de paz por todos os carreiros. Inda vivos, algúns nomes debaixo dun sudario de terra queimada. Un dos derradeiros testemuños do pastoreo de alta ...

20,00 €

Elites, Poder Local y Elecciones en Galicia.

Elites, Poder Local y Elecciones en Galicia.

Prada Rodriguez (Ed.), Julio

La transición española constituye, medio siglo después del fin de la dictadura, un tema clave en la historiografía, en el que el papel de las élites, la ciudadanía y las luchas sociales continúa siendo objeto de discusión. Desde una perspectiva regional centrada en las décadas de los sesenta y setenta, este volumen examina la composición y evolución de las élites políticas del ...

24,00 €

Outros libros do autor

El Imperio Romano

El Imperio Romano

Aavv

LA CIVILIZACIÓN MÁS PODEROSA DE LA HISTORIA OCCIDENTALDurante más de500 años, Roma fue la más poderosa y avanzada civilización que elmundo había conocido jamás. El Imperio romano llegó a abarcar trescontinentes y su enorme influencia sentó las bases de nuestracivilización, en la que todavía perdura un impresionante legadopresente en la lengua, el derecho y la cultura occidental...

45,00 €

Los que Vuelven

Los que Vuelven

Aavv

Los que vuelven es una antología de relatos de autores españoles del XIX: Emilia Pardo Bazán, Pedro Escamilla, Gillermo Forteza, Enrique Fernández Iturralde y Carmen de Burgos. Cinco cuentos y una novelita ilustrados por Lucía Vázquez de Prada (Luvamiart). Relatos de muertos que no son taes, de suicidas, de resucitadas, de mejeres frías... De la influencia de Poe y de la preocu...

15,00 €

Mujeres Litoral 279

Mujeres Litoral 279

Aavv

A finales de 1986 se terminaba de componer, al cuidado de Lorenzo Saval y Jesús García Gallego, el número doble 169-170 de LITORAL: Femenino. Literatura escrita por mujeres en la España contemporánea. Fue un notable esfuerzo editorial de cuatrocientas páginas para dar voz a cincuenta poetas, veintidós narradoras y tres pensadoras, cuyos textos fueron ilustrados Maruja Mallo, Ma...

31,95 €

Miradas Transversales Desde los Feminismos

Miradas Transversales Desde los Feminismos

Aavv

La crisis sistémica que padecemos nos plantea enormes retos que, sí o sí, debemos afrontar con un enfoque transversal, que atienda a las diferentes dimensiones de los problemas e injusticias y la intrínseca relación entre ellos. El trasfondo de esta obra colectiva está impregnado de claros deseos y voluntades intelectuales y políticas delineadas cuidadosamente. Hemos tratado de...

18,00 €

Mis Animagenes. Brillo en la Oscuridad

Mis Animagenes. Brillo en la Oscuridad

Aavv

El pequeño se familiariza con el mundo del anochecer gracias a mecanismos sencillos y fáciles de activar. En la última página, diviértete adivinando qué se esconde debajo de la solapa. NUEVO: ¡La pintura fosforescente brilla en las páginas! ¡Apaga la luz para que brille! ...

9,95 €

La Música

La Música

Aavv

¿Puedes reconocer cómo suenan un clarinete, una guitarra eléctrica y un timbal Descubre instrumentos musicales de todo el mundo mientras escuchas música clásica, jazz, rock, música africana y samba. Y descubre las familias de instrumentos: vientos, cuerdas, percusión y eléctricos. ...

15,95 €