Saltar al contenido principal
Grial 237

Grial 237

Varios

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: TESTEMUÑO E COMPROMISOMALORES VILLANUEVAA Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora presidente da institución durante o período de 1997-2001, impulsara esta festividade que soñara en tempos da república, como deixa constancia nun artigo de 1933 titulado...

Editorial:
Tempos Novos
Ano de edición:
2023
Materia:
Galicia
ISBN:
978-92-0-018596-0
Encadernación:
Otros
Colección:
Tempos Novos
13,50 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: TESTEMUÑO E COMPROMISO

MALORES VILLANUEVA

A Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora presidente da institución durante o período de 1997-2001, impulsara esta festividade que soñara en tempos da república, como deixa constancia nun artigo de 1933 titulado "A diada do libro galego". Xa daquela reflexionaba sobre a importancia de dedicarlle unha data á literatura galega:

"Unha semana adicada á cultura galega, coa emoción, coa intensidade e coa riqueza que tal empresa esixe e merece, débese escomenzar decontado a traballar prá celebración da festa do Libro Galego [...] Cabía facer unha edición especial dun libro definitivo e trascendente na nosa cultura e na nosa historia, pra espallar nese día con profusión, pra establecer nas escolas coma premio de calidade (El Pueblo Gallego, 25-VII-1933)".

Non sorprende, pois, que o 20 de marzo de 1963 presentase a iniciativa xunto a Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, só dous anos despois do seu ingreso como académico de número. Dende entón transcorreron xa seis décadas da creación da festividade de máis relevancia da cultura galega, e parecía de xustiza homenaxear a quen a impulsou e quen, durante toda a súa vida, traballou arreo para que Galicia fose dona de seu.

A revista GRIAL non podía permanecer allea á homenaxe de quen fora o seu director e cofundador. Na casa de Del Riego xuntouse na primavera de 1951 a Comisión Executiva de Editorial Galaxia para elaborar o primeiro número da colección: Presencia de Galicia. Aqueles días pediron orixinais, corrixíronos, montaron a revista, enviárona á imprenta, distribuírona entre as persoas colaboradoras e subscritoras e, incluso, entre as librerías. O segundo caderno titulouse Pintura actual en Galicia; mantiña o mesmo tríscele deseñado por Xaime Isla e engadía, na parte central, unha franxa azul. O terceiro número ía estar dedicado só a Curros, pero finalmente engadiron a Emilia Pardo Bazán, para non levantar as sospeitas da censura. No cuarto e último caderno, Aspectos económicos y jurídicos de Galicia, abrían aínda máis o concepto de cultura e apostaban por ámbitos diferentes ás artes. O 12 de abril de 1951 publicouse o primeiro número, o último o 25 de marzo de 1952, cando a censura truncou esta experiencia, unha máis.

Non será ata 1963 que conseguen a autorización da Dirección Xeral de Prensa para publicar a revista. Á fronte Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, que logran cumprir os prazos fixados e non perder a oportunidade que se presentara, máis de dez anos despois da primeira tentativa. Aquel esforzo quedou compensado coa boa acollida entre os afíns ao grupo, os exiliados e os estudosos estranxeiros, pois non escatimaron esforzos e enviaron a revista ás principais universidades onde dispuñan dalgún contacto. Nesta nova etapa engadiron como subtítulo Revista Galega de Cultura, co ánimo de clarificar a súa finalidade e a súa vocación universal.

Nos primeiros once números de GRIAL non figuran nin o consello de redacción nin o director da revista, e haberá que agardar ao número 12 —abril, maio, xuño, 1966—, para que aparezan referidos. O xornalista que asumiu formalmente o rol de director foi Ánxel Sevillano, quen entón traballaba en El Pueblo Gallego; cando este se xubilou —a partir do número 39, en 1973—, substituíuno Xosé Landeira Yrago, daquela na nómina de Faro de Vigo. Ambos os dous aceptaron, sen recibiren ningunha retribución económica, aparecer de iure como directores, aínda que de facto fosen Del Riego e Piñeiro, que só podían aparecer como codirectores. A carón deles, o consello de redacción estaba composto por Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Celestino Fernández de la Vega, Xosé Manuel López Nogueira, Marino Dónega, Camilo G. Suárez-Llanos, Basilio Losada e Ricardo García Suárez.

Ao longo dos anos, Del Riego asinou ao pé de cento cincuenta artigos e notas —sen contar as moitas que redactaría de maneira anónima—, para que a revista saíse completa e sempre puntual á súa cita cos lectores. Do número 101 — xaneiro, febreiro, marzo, 1989— encargouse Carlos Casares, que xa había tres anos que dirixía a editorial e, á súa morte, sucederíao Víctor F. Freixanes. Será entón cando Del Riego e Isla pasen a ser directores honoríficos da publicación, unha revista que foi, e segue a ser, o mascarón de proa da editorial que ambos os dous fundaran oficialmente o 25 de xullo de 1950.

GRIAL foi un dos grandes proxectos de Del Riego, polo que esta publicación non podía permanecer allea a quen é debedora. Así nace este monográfico, co desexo de iluminar algúns puntos da súa extensa e intensa biografía. Foi a nosa intención asomar diferentes miradas sobre a súa figura e atender aspectos que poden ser máis descoñecidos. O seu paso pola universidade ou a súa carreira política sitúannos nos primeiros anos de militancia galeguista, cando as pedras de Compostela respiraban liberdade e república. Naquel tempo en que anoaba o lazo ao pescozo e paseaba pola Alameda coa súa moza Evelina, cos seus amigos do Grupo Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos. Sobre os anos de mocidade e o seu compromiso político escriben Patricia Arias Chachero e Uxío-Breogán Diéguez.

A súa carreira política principiara no balcón do concello da súa vila natal, Vilanova de Lourenzá; era 1931 e regresaba de Madrid cunha idea de Galicia clara, a que guiaría todas as súas decisións. Todas as fontes apuntan a que estaba chamado a ter unha brillante carreira política, pero a naquela viaxe a Venezuela. Por iso é de xustiza botar luz sobre este tema deixando falar os documentos e as testemuñas, como fai Xosé Manuel Dasilva no seu traballo.

Para finalizar, non podiamos deixar de achegarnos á Fundación Penzol, pois foi a institución á que dedicou máis horas da súa vida —dirixiuna dende 1963 ata o 31 de decembro de 2009—. O último artigo deste monográfico é da autoría de Marián Vidal, directora técnica da Fundación Penzol e man dereita durante anos do noso protagonista. Quen mellor ca ela para achegarnos a entrega de Del Riego en conservar e ampliar o arquivo e biblioteca, en atender a investigadores e investigadoras, en abrir a institución á sociedade. Na actualidade, ao cruzar o limiar da Casa Galega da Cultura, recíbenos unha enorme fotografía de Del Riego consultando os fondos da Penzol, alí onde tamén se acubilla a súa biblioteca e arquivo. O seu legado material atesóurase nun edificio da cidade que o acolleu: Vigo; pero a súa verdadeiras achega non se pode conter entre muros, está no zume que se distribúe por canta iniciativa a prol da lingua e da cultura do país está en pé. ditadura esnaquizou todos os proxectos e, aínda, os soños. A dura posguerra levouno a Vigo, onde se viu obrigado a comezar de novo co peso dunha inhabilitación. Con todo, mantívose leal á causa galeguista e comezou a artellar a reorganización política e cultural xunto a outros compañeiros de viaxe. Nese grupo non estaba Celso Emilio Ferreiro, que vivía en Pontevedra, onde exercía como secretario de taxas e se movía nos círculos franquistas. A finais dos anos cincuenta o poeta asenta en Vigo e retoman a amizade que trabaran nas Mocedades Galeguistas; pero en 1968 prodúcese unha fractura que remata coa súa relación. Este feito mancou profundamente a Del Riego, que nunca perdoou a actitude de Celso Emilio, tanto é así que compilou nunha carpeta diferente documentación sobre este suceso. A súa queixa era que na maioría de artigos ou monográficos sobre o poeta omitíase ou dábase información non veraz ou non completa do que acontecer.

Artículos relacionados

Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Outros libros do autor

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Varios

Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boaocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que seconserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dosfolletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan dalin...

18,00 €

Lfa Award 2025

Lfa Award 2025

Varios

Esta publicación conmemora la primera edición del «Concurso Internacional de Fotografía Luis Ferreira Alves», un certamen bienal que celebra el legado de este fotógrafo portugués, figura clave en la documentación visual de la arquitectura contemporánea. El libro reúne los proyectos premiados —seleccionados entre más de 1400 candidaturas de 99 países—, acompañados de textos crít...

30,00 €

Chumba la Cachumba

Chumba la Cachumba

Varios

"Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba". Hora tras hora crece el alboroto en el cementerio hasta que el reloj vuelve a marcar la una y los esqueletos vuelan a la luna. Una divertida manera de aprender a leer la hora gracias a la fiesta visual que brindan las ocurrentes ilustraciones. ...

9,50 €

Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Varios

Ramón Otero Pedrayo, unha homenaxe xusta. Patricia Arias Chachero. Xesús Alonso Montero dicía que Ramón Otero Pedrayo era un autor "oceánico", e tiña razón. Cando faltan poucas semanas para que se conmemore o quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, e hai meses que o Parlamento de Galicia declarou, por unanimidade, o 2026 como Ano Oteriano, continúan aparecendo documentos qu...

15,00 €

Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Varios

A aparición de Internet, a Rede de Redes (WWW), na segunda metade do pasado século, inaugura un novo tempo na economía, na produción cultural, nos fluxos de comunicación, nas relacións entre os pobos e entre as persoas, no ámbito particular (privado) e no político, no científico e na creación artística, no pensamento, no lecer, nas relacións comerciais, na educación, nos serviz...

15,00 €