Saltar al contenido principal
Final Feliz

Final Feliz

Queipo, Xavier

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os f...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-1110-050-2
Páxinas:
136
Encadernación:
Rústica
18,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova.
Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Outros libros do autor

66

66

Queipo, Xavier

Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor. A primeira parte do libro, «Relatos atópicos», recolle contos no sentido estrito, aínda que con sorpresas; «Gabinete de curiosidades» fai lembrar as prosas das súas entrega...

21,95 €

Tamarindo

Tamarindo

Queipo, Xavier

Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida. Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante», dixo d...

18,00 €

La Otra Vida

La Otra Vida

Queipo, Xavier

'La otra vida' discurre entre 1960, cuando el autor tiene sus primeros recuerdos, hasta el inicio de su vida universitaria en 1974. El libro centra los recuerdos en dos lugares: Santiago de Compostela y Padrón. Tiene su génesis en un escáner de barrido de la memoria y recuperaimágenes de un pasado contradictorio, triste, enmedio de la dureza delos inviernos y la amabilidad de l...

12,00 €

Algoritmos

Algoritmos

Queipo, Xavier

Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Non son un dietarios, nin tan sequera unha compilación, senón unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018. Felizmente inclasificábeis, como tantos outros textos de Xavier Queipo, estes algoritmos reflicten dalgún xeito que s...

17,90 €

Extramunde

Extramunde

Queipo, Xavier

Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a nave...

24,95 €

Glosarios

Glosarios

Queipo, Xavier

16,00 €