Saltar al contenido principal
Fase de Trema

Fase de Trema

Souto, Lorena

Galardoado na XXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, Fase de trema de Lorena Souto, é un libro que quería saudar desde hai tempo. Primeiro poemario dunha autora nova que resulta, ao meu ver, gratamente sorprendente pola exhibición dun discurso poético sólido e solvente, en absoluto compracente, en tantas ocasións esgazado e sempre inquedante. ...

Editorial:
Espiral Maior
Ano de edición:
2012
ISBN:
978-84-92646-68-5
Páxinas:
56
Encadernación:
Otros
Colección:
Espiral Maior poesía
12,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Galardoado na XXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, Fase de trema de Lorena Souto, é un libro que quería saudar desde hai tempo. Primeiro poemario dunha autora nova que resulta, ao meu ver, gratamente sorprendente pola exhibición dun discurso poético sólido e solvente, en absoluto compracente, en tantas ocasións esgazado e sempre inquedante.

Alicerzando un universo domeado polos motivos do baleiro, a angustia, o abismo, a morte, a esquizofrenia e mais a doenza, Souto articula un diálogo continuo entre "elas", onde a carga tensional chega a tocarse pois electriza decote a batalla interna que se formula desde a instancia da rebelión, onde o ámbito doméstico, os obxectos cotiáns, a idea que agroma e que se procura con teimosía cobran especial protagonismo no obxectivo de contribuír ao cuestionamento de esteoreotipos, sobre todo os referidos á propia linguaxe ou á identidade da muller. A arqueira que é Souto tensa a corda e dispara frechas veloces e certeiras: oxalá veñan máis.

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

Outros libros do autor

Exuvia e Saliva

Exuvia e Saliva

Souto, Lorena

20,00 €