Saltar al contenido principal
Do Mellor de nós I. Escolma-Mostrario Xeral Do Boletín nós (Vol.

Do Mellor de nós I. Escolma-Mostrario Xeral Do Boletín nós (Vol.

Valdehorras, Camilo F.

Este volume arela ser, ante toda outra consideración, unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección son claros e pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), En...

Editorial:
Hércules Ediciones, S. a.
Ano de edición:
2020
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-122906-2-2
Páxinas:
440
Encadernación:
Cartoné
45,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Este volume arela ser, ante toda outra consideración, unha antoloxía cualitativa
do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección
son claros e pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema,
da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos
e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo
(ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo
/ Galeguidade (eidos)... E máis dúas verbas-hoxe-tabú: "raza" e "alma". Talvez, voltas ao veo dun mesmo rodicio
arredor de si, talvez. A identidade. Mais tamén temas-teimas recorrentes dunha enxurrada de artigos, ensaios, estudos,
teses que se amorean nas librarías e bibliotecas do noso tempo á procura de respostas aos complexos interrogantes
que eses lemas / dilemas suscitan. Verbas-chave de conceptos-charneira que, se acaso non se formularon por primeira
vez no Boletín Nós, si que nel foi onde se expuxeron con maior brillo e nitidez na historia da Cultura galega moderna.
Este volumen desea ser, antes que nada, una antología cualitativa del Boletín Nós. Los parámetros intelectuales que
guiaron su confección son claros y pivotan alrededor de las siguientes palabras comunes, nodales del ideosistema,
de la axiología y del diccionario nosiano: Nós y punto (logos), Galiza (geos y thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore
/ etnocentrismo (etnos), Costumbrismo (ethos), Fideistas y felibres (cronos), Nacionalidad gallega (polis) y Galleguismo
/ Galleguidad (eidos)... Además de dos palabras-hoy-tabú: "raza" y "alma". Tal vez, vueltas a la rueda de un
mismo molino sobre sí mismo, tal vez. La identidad. Pero también temas-preocupaciones recurrentes de un aluvión de
artículos, ensayos, estudios, tesis que se amontonan en las librerías y bibliotecas de nuestro tiempo a la búsqueda de
respuestas a los complejos interrogantes que esos lemas / dilemas suscitan. Palabras-clave de conceptos-bisagra que, si
acaso no se formularon por primera vez en el Boletín Nós, sí que en él fue donde se expusieron con mayor brillo y nitidez
en la historia de la cultura gallega moderna.

Artículos relacionados

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

Camôes en Galicia

Camôes en Galicia

Dasilva, Xosé Manuel

Este libro constitúe unha homenaxe a Camões, probablemente o autor internacional de maior presenza nas nosas letras ao longo do tempo, con motivo das celebracións do V centenario do seu nacemento. Xosé Manuel Dasilva, camonista e camonólogo de recoñecida traxectoria, ofrece en Camões en Galicia varios estudos que afondan nas pegadas galegas do grande escritor portugués, como re...

23,90 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Memória Histórica e Identidade Nacional

Memória Histórica e Identidade Nacional

Velasco Souto, Carlos Francisco

Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história contemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada à construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...

17,95 €