CORNUCOPIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2021)

CORNUCOPIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2021)

SANTOS, RAÚL M.

18,90 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9151-897-6
Páxinas:
188
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

Premio Torrente Ballester 2021
Atende aquí. De momento vas ben, pero atende. Polo motivo que fose colliches este libro e décheslle a volta para ver que pon na parte de atrás. Iso é o que se fai. Agora a min tócame contar un pouco de que vai e intentar convencerte para que o collas e o leas. Para ti ten que ser fácil, pero para min non o é.
O problema vén ser que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma. Xoo! Dirás ti. Quítalle hachas aí, ho! E tes razón. Estas cousas, aínda que se pensen, non se din.
Pero é que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma, e, como todas estas, o problema é que non se pode dicir de que vai, pois todas as mellores novelas xamais escritas en ningún idioma van de nada e mais van de todo, como esta. Entendes o que digo? Eu tampouco.
Creo que o mellor vai ser que esquezas este texto e leas o libro directamente. Si. Imaxina que o colliches, que lle deches a volta e que aquí non había nada. Un espazo en branco. Este texto que acabas de ler non existe.
Abre o libro pola primeira páxina, ou pola que queiras, e le. Nada máis.

Artículos relacionados

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

  • A FUXIDA
    REY VÁZQUEZ, CRISTINA
    Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade...
    En stock

    13,50 €

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de c...
    En stock

    16,70 €

  • AS VIDAS DO RIO
    TEIXEIRA RODRIGUEZ, XULIO
    Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freix...
    En stock

    20,50 €

  • UNHA MÍNIMA INFELICIDADE
    VERDE, CARMEN
    Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela, escrita con elegan...
    En stock

    19,00 €

  • UNHA GRIPE CABALUDA
    IGLESIAS, BIEITO
    O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra que é alto cu...
    En stock

    16,00 €

Outros clientes tamén mercaron

  • OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O ...
    En stock

    20,90 €

  • NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    YAÑEZ, ANTÍA
    Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. U...
    En stock

    19,50 €

  • OS SERES QUERIDOS
    DÁVILA, BERTA
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións famil...
    En stock

    16,95 €

  • A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e ...
    En stock

    18,50 €

  • COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou...
    En stock

    17,95 €