Saltar al contenido principal
Coplas Analfabetas

Coplas Analfabetas

Tizon, Antonio

Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silen...

Editorial:
Elvira Editorial
ISBN:
978-84-129921-5-1
20,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia. A obra estrutúrase en dúas partes: «Coplas analfabetas e revolucionarias», que denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares, e «Coplas de vida trala morte», cunha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia. No eido literario, a obra bebe da tradición rosaliana e conta cun limiar de Anxo Angueira. No que atinxe á musica, baixo a coordinación de Eugenia Sanmartín, reúne destacadas voces da escena galega, como Barahunda, Davide Salvado ou Carmen Penim, que adaptan as coplas á sonoridade contemporánea. No referido á parte plástica, a obra de cuberta e interiores pertence á pintora María do Carme Quinteiro Alonso. Máis aló do seu valor estético, Coplas ana

Artículos relacionados

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

37

37

Salvaxe, Alicia / Savaxe, Alicia

37 es una cartografía emocional compuesta por treinta y siete piezas que oscilan entre el micropoema, la prosa poética y la canción, dando forma a una experiencia híbrida donde el lenguaje se estira, se quiebra y respira.A través de una estructura fragmentaria —marcada por pulsos como «Todo fluye», «Adicia», «Catástrofe» o «No ser», Alicia Savaxe construye un trayecto íntimo qu...

18,00 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Reixa, Anton

O poema «Cicatriz» do artista multimedia Antón Reixa (Vigo, 1957) serve de base literaria ao espectáculo de danza homónimo con dirección de Kirenia M. Acosta. En 2024, Kirenia propúxolle a Reixar utilizar o seu poema «Cicatriz», para un espectáculo de dan ...

18,00 €

Requiem

Requiem

Outeiro, Eugenio

Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o po...

13,50 €

Outros libros do autor

La Antesala Luminosa

La Antesala Luminosa

Tizon, Antonio

El inspector Sánchez investiga la identidad de dos cadáveres calcinados que aparecen en la playa coruñesa del Matadero en la madrugada de San Juan del año 2000. Pronto sospecha que uno de ellos puede ser Gustavo Gallego, un primo del comisario, que encomienda al inspector la misión de encontrar a su familiar desaparecido. Cuando descubre que está vivo, inicia su búsqueda mientr...

19,90 €

Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

No mesmo día de abril de 2010, aparecen os cadáveres de Ramiro Gallego Tenreiro, que descobren no cemiterio de San Epitafio, un caso do que se ocupará o comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e o dun delincuente, O Globero, que localizan enterrado nun descampado do barrio de Eirís, un crime que lle toca resolver á súa filla Clara nada máis incorporase ao Corpo de Policía. Ment...

25,00 €

Lobos Doentes

Lobos Doentes

Tizón, Antonio

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e loba...

19,95 €

Un Home Estraño

Un Home Estraño

Tizón, Antonio

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un...

18,95 €