CAMIÑOS NA AUGA

CAMIÑOS NA AUGA

NÚÑEZ SINGALA, MANUEL

21,50 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2016
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9865-684-8
Páxinas:
296
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

"Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo -Szymo- cuxa identidade contradí as súas características físicas.
Dese xeito, a literatura acaba por ser reforzo nada banal dunha das cuestións centrais da posmodernidade, a da produción de subxectividade como estratexia de reformulación da sociedade civil. De aí a pertinencia narrativa de situar esa reformulación nun contexto poscolonial, contexto no que claramente se está a resolver un conflito identitario semellante ao do suxeito posmoderno mais no nivel da organización política, é dicir, no nivel das nacións como discurso da diferenza.

Artículos relacionados

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    4-8 días
  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

Outros libros do autor

  • ATRANCO NO BANCO
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que no...
    En stock

    12,60 €

  • INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser alg...
    En stock

    15,60 €

  • O ACHADO DO CASTRO
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións ...
    En stock

    12,60 €

  • EN GALEGO, POR QUE NON?
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    En galego, por que non? é un libro escrito desde a lóxica máis esmagante, desde o sentido común máis evidente. É un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte da lingua. A través de exemplos moi concretos e doados de entender, asistiremos a un exercicio de derruba dos prexuízos e as simplificacións que seguen tendo, arredor da lingua, un eco not...
    En stock

    17,75 €

  • COMEDIA BÍFIDA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro. ...
    En stock

    14,15 €

  • SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCAICÓN
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    A aprendizaxe de idiomas, así, en plurarl, é algo para o que os nenos e nenas de todo o mundo están perfectamente capacitados e para o que nacen dotados dunhas aptitudes excepcionais que só é preciso desenvolver e aproveitar. Ao longo deste volume expóñense de maneira sinxela e clara os motivas polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes das dúas ...
    En breve

    14,70 €