BRETAÑA, ESMERALDINA

BRETAÑA, ESMERALDINA

MÉNDEZ FERRÍN, X. L.

25,50 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2007
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-610-5
Páxinas:
448
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introdución e das notas.

Artículos relacionados

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha ...
    En stock

    17,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • OS DO MAR
    PACO PAZ
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrend...
    En stock

    18,00 €

  • O SEÑOR H
    CID, ROSENDO
    En stock

    18,00 €

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

Outros libros do autor

  • AMOR DE ARTUR
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, La...
    En stock

    20,50 €

  • ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a con...
    En stock

    20,50 €

  • ANTÓN E OS INOCENTES
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a...
    4-8 días
  • ARNOIA, ARNOIA
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o enc...
    En breve

    13,50 €

  • O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados,...
    En breve

    20,50 €

  • ESTIRPE
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido. Esta é a poesía que atopamos en Estirpe, o libro que agora aparece como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética. ...
    En breve

    25,95 €