Saltar al contenido principal
Amor de Artur

Amor de Artur

Méndez Ferrín, X. L.

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2005
ISBN:
978-84-9782-252-7
Páxinas:
144
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
20,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico.
o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés.
A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes.
Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

Elipsis y Otras Sombras

Elipsis y Otras Sombras

Mendez Ferrin, X. L.

Elipsis y otras sombras fue concebido en la colonia penitenciaria de El Dueso, Cantabria, después de la detención, juicio y encarcelamiento de X. L. Méndez Ferrín en 1969 por escribir lo que la dictadura franquista consideró propaganda ilegal. Cinco años después, y pese a la supuesta fragilidad del régimen, la colección de relatos que conforman este libro no se libraron ni de l...

17,00 €

Con Pólvora e Magnolias

Con Pólvora e Magnolias

Méndez Ferrín, X. L.

Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario re...

12,50 €

Arnoia, Arnoia

Arnoia, Arnoia

Méndez Ferrín, X. L.

En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xig...

14,50 €

Arraianos

Arraianos

Méndez Ferrín, X. L.

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexió...

20,95 €

Antón e os Inocentes

Antón e os Inocentes

Méndez Ferrín, X. L.

Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impro...

20,50 €

O Crepúsculo e As Formigas

O Crepúsculo e As Formigas

Méndez Ferrín, X. L.

É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaído...

20,95 €