Saltar al contenido principal
As Horas Mortas

As Horas Mortas

Viaxes e Conversas por Cemiterios Galegos

Emma Pedreira

Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar. A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada po...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2024
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-9995-453-0
Páxinas:
416
Encadernación:
Rústica
28,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.
Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d'As horas mortas.

Artículos relacionados

Un Demócrata Fronte á Barbarie Fascista

Un Demócrata Fronte á Barbarie Fascista

Redondio Abal, Francisco Xavier

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista,militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións ...

17,95 €

Un Monte Todos os Montes

Un Monte Todos os Montes

Azul Mais Verde Coop. / Autoría Colectiva

Un monte todos os montes concíbese como unha "publica-acción" para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario. A través dunha escrita plural —que incorpo...

16,00 €

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Aa.vv.

A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...

32,80 €

A Compostela de Begoña Caamaño

A Compostela de Begoña Caamaño

Encarna Otero Cepeda / Pascale Lee

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».Con estas palabras, a historiadora Encarna Oteroachégase, nesta terceira entrega da serie Mulleresen Compo...

20,00 €

Os Libros Censurados por Franco

Os Libros Censurados por Franco

Xosé Manuel Dasilva

Xosé Manuel Dasilva, investigador de contrastada traxectoria no estudo da censura editorial durante a ditadura, recompila en Os libros censurados por Franco un amplo mostrario de expedientes dos censores de obras orixinais en galego e de traducións para o galego, que permite compoñer o retrato fidedigno da actuación represiva do réxime franquista, de par que nos ofrece os avata...

25,10 €

Outros libros do autor

A Boca Da Sombra

A Boca Da Sombra

Emma Pedreira

Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén. Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon patas arriba a litera...

16,00 €

As Voces Ágrafas

As Voces Ágrafas

Emma Pedreira

13,00 €

Outros clientes tamén mercaron

O País Invisible

O País Invisible

Lezcano González, Arturo

Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistase lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso eadobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obramonumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites dasAméricas contada a través dunha galería de pers...

25,90 €