Saltar al contenido principal
As Faces Do Diamante

As Faces Do Diamante

Diaz Nuñez, Celia

Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un ancián que se esforzou por cumprir un xuramento que non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, unha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e fastío ou unha nena xudía no gueto de Varso...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-1176-140-6
Páxinas:
178
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
18,55 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un ancián que se esforzou por cumprir un xuramento que non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, unha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e fastío ou unha nena xudía no gueto de Varsovia son algúns dos protagonistas destes relatos. Todos eles achegan o seu particular punto de vista dos segredos, arelas, decepcións ou vergoñas que marcan a súa vida; unha visión nunca coincidente coa das outras persoas que comparten os mesmos sucesos, porque a verdade, coma os diamantes, é distinta segundo o ángulo desde a que a observemos.
Relatos que se entrecruzan e personaxes que reaparecen en distintas etapas vitais, creando unha historia plural que abrangue máis de oitenta anos.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

A Avoa Canta Como a Cotovia

A Avoa Canta Como a Cotovia

Díaz Nuñez, Celia

Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome. E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía. ...

12,75 €

Todos Calan

Todos Calan

Díaz Núñez, Celia

17,90 €

A Boca Do Monte

A Boca Do Monte

Díaz Núñez, Celia

E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis q...

15,50 €