Saltar al contenido principal
A Traba

A Traba

Cholmondeley, Mary

A traba publicouse orixinalmente en lingua inglesa en 1901, nas páxinas do londiniense The Monthly Review, e un ano máis tarde como parte da compilación Moth and Rust. Trátase dunha peza plenamente vitoriana na que resulta de especial interese a relación entre as mulleres protagonistas, cun amplo abano de sentimentos encontrados que van dende a rivalidade atávica até a amizade ...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
978-84-946538-4-1
Encadernación:
Rústica
Colección:
Vólvense os paxaros contra as escopetas
7,00 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

A traba publicouse orixinalmente en lingua inglesa en 1901, nas páxinas do londiniense The Monthly Review, e un ano máis tarde como parte da compilación Moth and Rust. Trátase dunha peza plenamente vitoriana na que resulta de especial interese a relación entre as mulleres protagonistas, cun amplo abano de sentimentos encontrados que van dende a rivalidade atávica até a amizade íntima e a adoración.

A través dunha trama de relativo enredo na que o fin último é o matrimonio, a personaxe protagonista, Lady Mary Carden, é o eixe a partir do cal a autora perfila con habelencia (tamén co recurso do narrador xuizoso) unha serie de arquetipos tanto masculinos coma femininos, repartidos practicamente por igual. Así mesmo, xoga un papel importante o erotismo que emana da atractiva Elsa Grey, obxecto de desexo de case todos que «irradia a pálida e espléndida perfección da magnolia que se abre pola noite». O dilema sororidade fronte a individualismo marcará os designios do triángulo amoroso presente nesta novela curta; sobre ese fráxil equilibrio pende unha espada de Damocles: a da necesidade -a imposición social- de casar.

Artículos relacionados

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Outros libros do autor

Diana Tempest

Diana Tempest

Cholmondeley, Mary

Cuando el señor Tempest fallece, las propiedades de la familia pasan a su hijo John, ilegítimo según las malas lenguas. El coronel Tempest, su despilfarrador hijo Archie y su hija Diana quedan excluidos de la herencia. Una noche, el resentido coronel, presa del estupor de la ebriedad, acepta participar en una apuesta: pagará diez mil libras si alguna vez consigue acceder a la h...

22,00 €

Un Guiso de Lentejas

Un Guiso de Lentejas

Cholmondeley, Mary

«El hombre ha pronunciado muchas palabras sarcásticas sobre la amistad de las mujeres, y no a causa de los celos. La opinión consolidada de la mayoría de los hombres sobre este tipo de devoción podría resumirse en las palabras "mantente ocupada hasta que yo llegue"». Así arranca uno de los capítulos de esta novela cuya publicación, en la Inglaterra posvictoriana, causó un escán...

22,50 €