Saltar al contenido principal
A SENDA DE SAL

A SENDA DE SAL

FERNÁNDEZ DAVILA, FRAN

Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017" Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios cruciais da súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo xogou un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entr...

Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2017
ISBN:
978-84-9151-088-8
Páxinas:
136
Encadernación:
Rústica
16,35 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017"
Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios cruciais da súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo xogou un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da memoria máis distante aqueles feitos en que, sendo neno, tivo unha participación fundamenteal. O autor combina á perfección o emprego ben dosificado dun estilo de claras reminiscencias literarias coa eficacia narrativa, facendo que a intriga medre en intensidade. Na costa sur de Galicia conflúen os dous bandos que pouco despois daberían de enfrontarse na contenda bélica mundial: aliados e nazis. Un drama no que os galegos tamén se verán implicados.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

CEN ILÍADAS

CEN ILÍADAS

FERNÁNDEZ MALLO, MARCELINO

No comité de dirección de Lindqvst & Larsson - España, respíranse un ambiente de máxima desconfianza. Os obxectivos de cada directivo resultan contrapostos e a tensión aumente até niveis insoportábeis. Tras un brusco cambio de organigrama, Héctor Carudel debe viaxar a Estocolmo, onde está a sede central da auditora. Pero non chega a destino. Salomé Aguilera recibe unha estraña ...

19,00 €

CORRER

CORRER

ECHENOZ, JEAN

Emil Zátopek comeza a correr de casualidade e dun xeito pouco convencional pero invencible. Tras a guerra, o atleta checoslovaco cambia a fábrica de zapatos na que traballaba polo exército, participa en campionatos que sempre gaña e bate todas as marcas. Alcumado a Locomotora Checa, convértese nun ídolo e nun instrumento de propaganda para o réxime do seu país, ata que a súa fi...

18,00 €

EU SOU VÓS MESMOS

EU SOU VÓS MESMOS

LISPECTOR, CLARICE

Este livro reúne vinte contos da extraordinária escritora brasileira Clarice Lispector (1920-1977) que, dispostos segundo as datas de sua publicação em livro, obedecem ao princípio clariciano de "gênero não me pega mais", além de serem representativos da invulgar e excecional escrita da autora.Oito das ficções provêm do livro Laços de Família (1960), seis de A legião Estrangeir...

17,00 €

A SAGA DO DESARRAIGADO

A SAGA DO DESARRAIGADO

VIDAL, FRANCISCO ANT.

Entre o rumor do mar e o murmurio da memoria, Nuno -ou Ivar Penca Negra- reconstrúe a súa vida dende a soidade e o arrepentimento. Fillo dunha escrava galega e dun cabaleiro desaparecido, criado en Xutlandia baixo o ferro dos normandos e a voz dun monxe, foxe dun destino que non escolleu e lánzase ó océano en busca da terra dos seus devanceiros.O que comeza como unha viaxe de d...

20,00 €

ALGUEN AO LADO

ALGUEN AO LADO

QUIROGA, XABIER

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en qu...

17,95 €

MULLERES EMPILLADAS

MULLERES EMPILLADAS

MELO, PATRÍCIA

Para fuxir dunha relación abusiva, unha avogada de São Paulo trasládase a Acre, no medio da selva amazónica, onde debe seguir unha serie de xuízos por feminicidio. Ao tempo que se involucra nos arrepiantes e numerosos casos de asasinatos de mulleres, descobre a vida da comunidade indíxena e participa en rituais con ayahuasca, grazas ao cal consegue recordar os feitos que presen...

20,00 €

Outros libros do autor

PRINCIPIO DE SUPERPOSICION

PRINCIPIO DE SUPERPOSICION

FERNANDEZ DAVILA, FRAN

Sofía López Fiz desaparece. Para atopar a verdade detrás da súa ausencia, deberás escoitar as múltiples voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras de clase, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía a través dos poemas do seu caderno. «Principio de superposición» é unha novela polifónica e trepidante. Unha crónica sobre o acoso escolar, a identidade, as a...

12,95 €

GROENLANDIA

GROENLANDIA

FERNANDEZ DAVILA, FRAN

PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023. Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o co...

22,10 €

PRIMAVERA A CAMAREIRA, O CUARTO E O LIBRO DE POEMAS

16,00 €