Saltar al contenido principal
A Morte de Galicia

A Morte de Galicia

Dubert, Isidro / Gago, Manuel / González García, Francisco / Andrade Cernadas, José Miguel / López Carreira, Anselmo / Rey Castelao, Ofelia / Monteagu

A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destin...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2019
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-9121-590-5
Páxinas:
400
Encadernación:
Rústica
Colección:
Cronica
24,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destinadas dende 1986 a crear emprego, e afecta xa a máis de 380.000 mozos e mozas, un de cada dous con estudos medios ou superiores. A resposta das autoridades galegas a esta importante perda de capital humano e do seu potencial demográfico consistiu na difusión social do natalismo. Unha ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta «morte de Galicia».
Fronte a isto, este libro é un exercicio de «historia crítica» que contrasta o pasado e o presente, o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia. O resultado amosa a enorme capacidade que a vellez e a emigración supuxeron para vertebrar a nosa historia, e xa que logo, para configurar o presente que estamos a vivir. Un presente que, coma o noso futuro, nada ten que ver con esa «morte de Galicia» predicada polos partidarios do natalismo.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Outros libros do autor

Galicia, un Mar con Historia

Galicia, un Mar con Historia

Dubert, Isidro

Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación do...

23,50 €